🎬 CINE E MULLERES RURAIS EN XERMADE
O 15 de outubro celébrase o Día Internacional das Mulleres Rurais, unha data para recoñecer e visibilizar o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento e na vida do medio rural.
Por este motivo, e coincidindo con esta celebración, o Concello de Xermade participa no IX Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, achegando ao noso municipio unha programación cinematográfica que pon o foco nas historias, experiencias e realidades das mulleres rurais.
📽️ Tres películas, tres espazos e tres oportunidades para compartir cine e reflexión:
🎞️ LA BUENA SUERTE
📍 Centro da Tornería
📅 15 de outubro | 20:00 h
✨ Día da Muller Rural
👻 BODEGÓN CON FANTASMAS
📍 Biblioteca de Xermade
📅 23 de outubro | 18:30 h
🎞️ LO QUE QUEDA DE TI
📍 Escola Habanera de Roupar
📅 31 de outubro | 18:00 h
💜 Un ciclo que nace arredor do Día da Muller Rural para celebrar, visibilizar e poñer en valor as mulleres e as historias do noso rural.
Agardámoste! 🍿🎬
👉 Consulta toda a información sobre o ciclo en: Cine e Mulleres Rurais





