💚 CURSOS DIXITAIS EN NOVEMBRO
🌐 Aprende, conecta e desfruta coa tecnoloxía!
O Concello de Xermade e a Fundación Cibervoluntarios traen cursos gratuítos para persoas maiores que queiran descubrir todas as vantaxes do mundo dixital 📱💻
📘 1. Vivindo conectados desde o pobo: Aplicacións de lecer e saúde
📅 Días: 17, 20, 24 e 27 de novembro
🕐 Horario: 11:00 a 13:00 h
📍 Lugar: Casa-Escola de Cabreiros
🌄 2. Descubrir e explorar a contorna rural grazas a ferramentas dixitais
📅 Días: 17, 20, 24 e 27 de novembro
🕓 Horario: 16:00 a 18:00 h
📍 Lugar: Biblioteca Municipal de Xermade
📝 Inscricións ata o 2 de novembro
📲 Envía unha mensaxe ao 678 744 178 co teu nome, apelidos, DNI/NIE e data de nacemento.
👉 Non perdas esta oportunidade de aprender a usar a tecnoloxía para mellorar o teu día a día e conectar co mundo desde o teu pobo.






