O Concello de Xermade súmase ao 𝓒𝓲𝓬𝓵𝓸 𝓝𝓪𝓬𝓲𝓸𝓷𝓪𝓵 𝓭𝓮 𝓒𝓲𝓷𝓮 𝓮 𝓜𝓾𝓵𝓵𝓮𝓻𝓮𝓼 𝓡𝓾𝓻𝓪𝓲𝓼.
Este ciclo pretende o recoñecemento do papel das mulleres no ámbito rural por medio do cine, e traerá unha película dentro da programación da Invernada de Cine de Cabreiros (Xermade).
Contaremos en concreto coa proxección de 𝑷𝒓𝒆𝒇𝒊𝒓𝒐 𝒄𝒐𝒏𝒅𝒆𝒏𝒂𝒓𝒎𝒆, na que participará a directora da cinta, 𝘔𝘢𝘳𝘨𝘢𝘳𝘪𝘵𝘢 𝘓𝘦𝘥𝘰 𝘈𝘯𝘥𝘪ó𝘯, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, 𝘖𝘭𝘪𝘮𝘱𝘪𝘢 𝘓ó𝘱𝘦𝘻 𝘙𝘰𝘥𝘳í𝘨𝘶𝘦𝘻.
Este ciclo forma parte dunha aposta integral do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación de España para fomentar a visibilización do talento e traballo feminino na España rural en conmemoración do Día Internacional das Mulleres Rurais (15 de outubro).