XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones

“ A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Día: Sábado- 21 de febreiro de 2015

Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015

Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na web (http://igualdade.xunta.es) , no folleto e arquivos que se adxuntan.

Formulario de Inscripción

O concello de Xermade, a través da Educadora Familiar (Manuela) está xestionando a forma de ir en grupo as familias interesadas.

As familias que desexen participar nesta Xornada gratuita, poden poñerse en contacto nos teléfonos: 982 – 50 11 08 e 678 744 178 ata o venres ás 11 da mañá. O Concello de Xermade poñerá un bus para as familias que desexen acudir á Xornada. Deberá de xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

Aviso: Tanto a Xornada como o autobús non teñen custe para as familias. O xantar é por conta das familias.

XIII-Xornadas-Cartel_A3

Programa_XIII_Xornadas-Diptico2