XI Xornadas Interxeracionais Rurais “Aprendendo cos nosos maiores”

XI Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores.

Desde a Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Universidade de Santiago e o Concello de Xermade temos o pracer de presentar as XI Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores. Que se celebrarán os días 30 de maio, 6 e 13 de xuño de 2015, no local da Asociación de veciñas/os de Cabreiros.

Xornadas dirixidas a toda a cidadanía e na que convidamos a participar a todas as persoas que o desexen tanto do concello de Xermade coma de calquera punto do mundo.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con calquera das persoas da organización,

José Manuel Felpeto Carballeira, presidente da Asociación de Veciños/as de Cabreiros: 619547072

Xesús Rodríguez Rodríguez (Universidade de Santiago): susodecabreiros@gmail.com

Manuela Vilaboy Romero (pedagoga-educadora familiar concello de Xermade): 982501001-678744178.