PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA INFANTIL “NADAL 2024”
Visto o fallo do xurado a Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade concedeulle os premios da fase local do certame de poesía infantil “Nadal 2024” ás seguintes persoas:
Categoría A (até 8 anos)
- Uxía Cazás Pardiñas
- Mara Piñeiro Campo
- Sergio Bellas Martínez
Categoría B (9 a 11 anos)
- Martina Fernández Salgado
- Lois Martínez Pérez
- Xela Prieto Lomba
Estes traballos recibirán un lote de libros e un diploma acreditativo e serán enviados a Lugo para participar na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Na acta do xurado tamén consta acordo de entregar accésits consistentes nun lote de libros aos traballos presentados por:
- Elena Gato Ares
- Manuela Pérez Amarelo
- Raúl Pérez Amarelo
Parabéns as persoas premiadas, moita sorte na fase provincial do concurso e convidamos a todo o mundo a asistir á entrega de premios o próximo venres 31 de xaneiro ás 17h00 na sala de xuntas da biblioteca.