Pleno ordinario en Xermade

A Corporación reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de abril, ás 20 horas. Na parte resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar de As Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015.
Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por importe de 86.106,24 para as achegas municipais a dous convenios asinados coa Deputación de Lugo para a reposición de beirarrúas e senda peonil en Xermade, e para aglomerados en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada. Tamén se repón crédito por importe de 8.165,50€ para contratos de asistencia técnica en materia de abastecemento de auga, con motivo da elaboración dunha auditoría e plan de minimización de perdas de auga e da solicitude de axudas do Perte ciclo da auga por parte dunha agrupaciónde municipios, entre os que figura Xermade.
O Pleno aceptou a cesión dun tramo de estradas provinciais no núcleo de Xermade, necesario para executar a obra de reposición de beirarrúas, e en Roupar, para a execución da obra da área de xogos infantís (Plan Único 2022) e para o proxecto da Casa da Veciñanza.
A Alcaldía informou ao Pleno da concesión definitiva da axuda para a rehabilitación de reitoral de Xermade, da denegación definitiva da axuda para a Casa da Veciñanza de Roupar e da entrada en vigor do Regulamento de títulos, honras e distincións. Anunciou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio, coincidindo co pleno de sorteo de mesas electorais.
Acceda á orde do día da sesión: 20230410_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2023-0134 [Decreto convocatoria](1)