Obradoiro de Cestaría Creativa

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no municipio de Lugo.

Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva.
Coa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle aos veciños e veciñas como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera, tamén teremos unha actividade no Concello de Xermade.

A actividade consistirá nun obradoiro de Cestaría creativa, que terá lugar os domingos 26 de marzo e 2 de abril de 2023, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Será impartido no local da “Asociación de Veciños do Campo” de Roupar, sendo necesaria e obrigatoria a inscrición previa vía telefónica no teléfono do Concello de Xermade, o 982 501 002.

As prazas serán limitadas e asignadas por orde de chamada.

O prazo de inscrición comeza o 16 de marzo.

Esperamos que a iniciativa resulte do seu interese e animámoslle a participar.