Obradoiro Arte floral

🌿A Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza unha programación trimestral de actividades para realizar en cada un dos 25 concellos da Reserva da Biosfera que se animan a participar nesta iniciativa.

👨‍👩‍👧‍👦 De este modo, ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta, que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva que ademais de servirlle aos veciños e veciñas como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera.

💐Neste caso, a actividade consiste nun obradoiro de arte floral, no que se elaborarán con flor seca e preservada unha cesta e un ramo en espiral con floreiro. Todos os materiais están incluídos.

Esperamos que a iniciativa resulte de interese 

Outras entradas