O Pleno da Corporación celebrou sesión ordinaria o 15 de xuño

O Pleno da Corporación xermadina reuniuse en sesión ordinaria o 15 de xuño de 2020 ás 20:00 horas. Na sección resolutiva realizouse o sorteo de membros de mesas electorais para a xornada do 12 de xullo, e tamén se acordou realizar unha transferencia de crédito para incrementar os fondos adicados a emerxencia social e para convocar un certame literario para o alumnado do CEIP Xermade, por un total de 4.296 euros. As partidas que se minoran son as de retribucións dos cargos electos, tras o acordo adoptado na sesión ordinaria do 16 de abril de 2020.

Na sesión de fiscalización e control douse conta das resolucións da Alcaldía, de informes económico-orzamentarios (execución do 1º trimestre de 2020 e envío de marcos orzamentarios) enviados a través da Oficina Virtual de Coordinación coas Entidades Locais, e tamén das medidas adoptadas pola Alcaldía en relación co COVID-19.