Licitación das escolas culturais e deportivas do Concello de Xermade

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou os expedientes de contratación das escolas culturais e deportivas para o curso 2021-2022, que dará comezo no mes de novembro.

Ademais do deporte escolar, cuxa prórroga contractual foi autorizada na pasada sesión celebrada o 8 de setembro, súmase a oferta das seguintes actividades deportivas para persoas adultas: ioga/pilates e zumba.

Polo que respecta ás escolas culturais, licítanse catro actividades distintas: pandeireta, xabóns cosméticos e cremas, crochet tradicional e XXL, e Faino ti mesm@ (manualidades).

Ambas licitacións foron publicadas na Plataforma de Contratación do Sector Público na data de hoxe, sendo o último día para presentar oferta o 14 de outubro de 2021.