Letras Galegas 2025 “Cantos de avoa”

A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlles o Día das Letras Galegas 2025 a sete cantareiras e, a través delas, á poesía popular galega que elas interpretaban. Deste xeito, a Academia recoñece o papel das mulleres na creación e na transmisión literaria, así como o valor da lírica oral, esa que é anónima, que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose… en fin, vivindo nela.

Desde o Concello de Xermade celebramos esta reivindicación en clave feminina con este contacontos teatralizado onde se fai unha homenaxe a todas esas mulleres que tanto nos transmitiron.

 

Outras entradas