Duncan de palleiro · Teatro infantil a cargo de Lila Teatro · 19 de novembro, ás 19:.30 na biblioteca

19 de novembro, ás 19:.30 na biblioteca
Espectáculo de teatro infantil a cargo de Lila Teatro

Elenco: Lines González e Lara Manzano

Así é como transcorre un día na vida dun can, pero non dun can calquera. Trátase dun can moi especial que pertence a esa raza mítica, lendaria e con máis prestixio de todas, a de Palleiro.

Este can é Duncan de Palleiro, o príncipe das corredoiras.

Duncan leva unha vida sinxela ao carón do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas de sempre, nunha vila pequeniña e fermosa no medio das montañas chamada Óubidos, da cal se sente moi fachendoso.

Duncan ama profundamente aos nenos e ás nenas, e alí onde vai leva consigo unha grande sorpresa que non deixará a ninguén indiferente.

Amizade, amor e liberdade son as palabras que máis lle gustan a Duncan de Palleiro.