Celebración do Día do Libro na biblioteca
Mañá terá lugar na nosa biblioteca a celebración do Día do Libro cunha programación especial dirixida a todos os públicos.
Ás 19:00 horas celebrarase a presentación do libro No me rompí del todo, de María Timiraos. Durante o acto, a autora pontesa compartirá a súa experiencia persoal, abordando cuestións como a depresión, o bullying e o proceso de superación.
Ao longo de toda a xornada, as persoas usuarias que realicen un préstamo recibirán un pequeno agasallo: unha flor elaborada con materiais reciclables e un marcapáxinas que poderán deseñar ou colorear.
Con esta iniciativa, a biblioteca súmase á conmemoración do Día do Libro, promovendo a lectura e a participación da comunidade nun ambiente aberto e accesible.
Anímase a toda a veciñanza a participar nesta xornada especial.





