Campamento de verán

Campamento de verán que se desenvolverá do 3 ao 14 de agosto, en horario de 8 a 14 ou de 10:30 a 14 horas, de luns a venres, no pavillón polideportivo de Xermade.

Entre as actividades que faremos este ano está: saída ao parque acuático de Cerceda o día 5 (mércores); saída ao lago Das pontes o venres 7 (faremos vela e paseo en barco); saída a Esmelle o día 13 (faremos unha xornada de convivencia cos campamentos de Covas e Esmelle).

Ademais teremos un día de atención á natureza e medio, farase unha exposición de fotos feitas polas nenas e nenos; teremos unha xornada de floclore popular onde actuarán distintas nenas e nenos, con cante, baile tradicional, e tocarán instrumentos como acordeón, frauta traveseira, pandeireta, gaita…; outro día teremos xente invitada, do concello de Xermade facendo actividades e oficios de antano (e de hoxe), palilleras, labor de gancho, calceta, tecedora (cun tear), “zoqueiro“, etc. Un dos días ademais teremos diferentes maquinarias de traballo agrícola cedidas por veciñas/vos de Xermade, unha segadora, malladora, limpadora, arados…

Este campamento é gratuíto e contamos con 50 prazas que xa están cubertas.

Cartel-Campamento-Infantil-2015