Entradas por Educadora Familiar

¡Moito que limpar!

Dende que Caxoto Díaz Valle comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio. Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade […]

Admisión no Campamento de Verán “Xermade Concilia 2022”

Logo de rematar o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Xermade Concilia 2022”, informamos que todas as solicitudes recibidas son ADMITIDAS. Habendo prazas vacantes unha vez rematado o período de inscrición, segundo a Base 8 das Bases Xermade Concilia 2022“, aceptaranse posibles novas solicitudes por orde de rexistro de entrada ata completar as prazas […]

IX PREMIO DE INVESTIGACIÓN “XERMADE NA HISTORIA”

O Concello de Xermade e a Asociación de Veciños de Cabreiros, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, convocan o IX Premio de Investigación “Xermade na historia”, financiado pola Exma. Deputación de Lugo, que será regulado polas seguintes BASES 1. As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo. 2. Cada autor/a […]

A igualdade non ten truco

“A igualdade non ten truco” é un espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla […]

Campamento de Verán “Xermade Concilia 2022”

Servizo educativo e de esparexemento para nenas e nenos de 3-16 anos, durante os períodos de vacacións escolares de verán cuns contidos educativos e divertidos en base a unha programación educativa que conteña aspectos de educación para a convivencia, a igualdade a interculturalidade, a saúde e o consumo responsable e o ocio saudable. Haberá saídas/excursións, […]

“O achado do castro”

¡Volve o teatro a Roupar! Nesta ocasión, cunha divertida historia que nos trasladará á Roma antiga. E como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha trama engaiolante. Elenco (por orde de aparición) Marcelino […]

XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais APRENDENDO COS NOSOS MAIORES (Cabreiros, Xermade)

Tras dous anos de forzoso parón e restriccións, imos a pola nosa “maioría de idade” coa mesma esencia de sempre, pero con máis ansias aínda se é posible, pois retomamos o formato orixinal das xornadas. Nesta edición número 18 queremos seguir aprendendo e compartindo en comunidade, falando do agro, de medicina, de emprendemento, do rural… […]