Entradas por Educadora Familiar

Obradoiros de Consumo

💡 O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades. É o programa permanente da EScola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano. ⏰ A duración estimada de cada […]

Visita a Roq Park Aventura de Viveiro

Roqsport é unha empresa de ocio, actividades de aventura e servizos deportivos, ubicada en Viveiro, desde o ano 2002, organizando e ofrecendo multitude de servizos de turismo activo, actividades deportivas, organización integral de eventos, campamentos de verán, escolas deportivas, etc. O parque é un lugar de ocio ó aire libre, nun entorno espectacular, rodeado de […]

Obradoiro de Cestaría Creativa

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no municipio de Lugo. Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva. […]

XV Cea da muller de Xermade

O Concello de Xermade comeza a conmemoración do Día da Muller coa tradicional Cea da Muller, que chega á súa XV edición. A celebración terá lugar o sábado 4 de marzo no restaurante “O Paso” de Candamil, a partir das 21.30 horas. O menú constará de pescada en salsa americana de primeiro, codillo de porco […]

Entroido 2023

O concurso de disfraces Entroido Xermade 2023 celebrarase o luns día 20 de febreiro, ás 20.00 horas no Pavillón Polideportivo de Xermade. O prazo de inscrición de participantes será ata o 14 de febreiro. A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando a folla de inscrición cuberta e […]

Curso de manipulación de alimentos

O xoves 9 de Febreiro do 2023, en horario de 16.00 a 19.00 horas na Sala de Xuntas da Biblioteca Municipal de Xermade, terá lugar un curso de manipulación de alimentos. Será impartido por un Técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade, e as persoas interesadas, poderán obter tras o mesmo a certificación […]

Excursión a Lalín

Falar de Lalín é falar de natureza, de miradoiros dende os que descubrir que o verde, o ocre, o amarelo ou o púrpura teñen centos de matices. Carballeiras, soutos e fragas de conto engalanan este municipio. É terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer […]

CURSO DE AUTO DEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS

Profesionais de Fegaloita cualificados e con experiencia en técnicas de intervención en violencia de xénero, pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, encárganse de formar ás mulleres participantes nestes cursos de defensa persoal fronte situacións de violencia de xénero. 📍 Biblioteca Municipal de Xermade 🗓️ Sábado 28 de xaneiro ⌚ De 10:00 a […]