CIM Móbil

O vindeiro xoves, o día da Feira, chega de novo a Xermade o Centro de Información ás Mulleres Móbil (CIM Móbil), un servizo itinerante de apoio, asesoramento e acompañamento.

🗓 Data: 03/09/2026
🕒 Horario: 10:00 h – 14:00 h
📌 Lugar: Praza do Concello de Xermade

💜 Un espazo seguro onde recibir:

✔️ Información e asesoramento
✔️ Atención psicolóxica, social e xurídica
✔️ Acompañamento personalizado
✔️ Orientación sobre recursos e dereitos

Este servizo está dirixido a mulleres e á cidadanía en xeral, promovendo a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

👉 Achegádevos, informádevos e compartide! Entre todas e todos construímos unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Outras entradas