Entrega de premios do Certame de debuxo e naracción das letras galegas 2026
Xa se coñecen os gañadores do Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas 2026, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade, a expresión artística e o amor pola nosa lingua entre os usuarios participantes.
Gañadores/as
Narración
Categoría A
- Mara Piñeiro Campo
- Idril Toledo Caparrós
- Kendra Toledo Caparrós
Categoría B
- Elena Gato Ares
- Cedric Toledo Caparrós
- Martina Fernández Salgado
Debuxo
Categoría A
- Idril Toledo Caparrós
- Yago Cendán Pico
- Manuel Rosende Paz
Categoría B
- Martina Fernández Salgado
- Elena Gato Ares
- Cedric Toledo Caparrós
Entrega de premios
O acto de entrega de premios terá lugar o xoves 11 ás 17:30 horas na biblioteca.
Actividade cultural
A continuación, ás 18:00 horas, o público asistente poderá gozar da representación teatral “As letras que voan con nome de muller”, a cargo de Trémola Teatro.
A obra propón unha viaxe pola historia das Letras Galegas a través dunha narración inspirada nun mundo de palabras máxicas e libros encantados. Nel ponse en valor a figura de autoras como Begoña Caamaño e outras mulleres homenaxeadas, destacando o seu papel fundamental na literatura galega e na transmisión da nosa cultura.
Desde a biblioteca convidamos a toda a comunidade a participar nesta celebración das Letras Galegas e a compartir unha tarde de cultura, creatividade e lingua.
Lugar: Biblioteca
Data: Xoves 11
Horario: 17:30 h (entrega de premios) | 18:00 h (representación teatral)





