𝐃í𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐀𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞

🌳𝗨𝗻𝗵𝗮 𝗲𝘅𝗽𝗲𝗿𝗶𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝘁𝗲𝗮𝘁𝗿𝗮𝗹𝗶𝘇𝗮𝗱𝗮 𝗲 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗿𝗲𝗱𝗲𝘀𝗰𝘂𝗯𝗿𝗶𝗿 𝗮 𝘃𝗶𝗱𝗮 𝗱𝗮𝘀 á𝗿𝗯𝗼𝗿𝗲𝘀
Unha proposta única para o 𝐃í𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐀𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞, na que nos achegaremos á figura da árbore en todas as súas dimensións: biolóxica, simbólica e emocional.
Percorreremos as distintas etapas da súa existencia, desde a xerminación da semente ata a morte e descomposición da madeira, descubrindo a súa morfoloxía, os seus segredos e o profundo simbolismo ancestral que a acompaña. Ao longo desta viaxe comprenderemos que a experiencia vital das árbores está moito máis ligada á nosa do que imaxinamos.
🌱 Unha semente sabe agardar… e nós? Canto tempo somos capaces de esperar para deixar agromar a nosa verdadeira esencia?
🍃 Pode sobrevivir unha árbore sen a colaboración doutras especies? E nós?
⚖️ Se tivésemos que render contas á natureza, quen nos xulgaría? Sería baixo o teixo máis lonxevo, como facían antigamente os nosos devanceiros?
A participación do público, o humor e o amor pola natureza completan este percorrido cheo de matices, reflexións e descubrimentos inesperados.
✨ Un encontro para sentir, pensar e conectar coa sabedoría das árbores.
🏫 𝐅𝐮𝐧𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫 𝐞𝐱𝐜𝐥𝐮𝐬𝐢𝐯𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞

Outras entradas