𝗖𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼 𝗻𝗼 𝘀𝗶𝘀𝘁𝗲𝗺𝗮 𝗱𝗲 𝗱𝗶𝗳𝘂𝘀𝗶ó𝗻 𝗱𝗮 𝗶𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗫𝗲𝗿𝗺𝗮𝗱𝗲

⚠️ Desde este momento, a información do Concello enviarase a través dunha canle de WhatsApp.
Na canle publicaranse, como ata o de agora, noticias, avisos e mensaxes importantes, pero as persoas que sigan a canle só poderán ler a información, non é posible responder. Para comunicarse co Concello, lembramos que teñen á súa disposición diversos medios, todos eles recollidos na web municipal: https://www.xermade.org/contacto/ 

➡️ Como atopar a canle?
A través da seguinte ligazón: https://whatsapp.com/channel/0029VbByWn64Y9lswGHzyW0K

❓ Aquelas persoas que teñan dificultades para adaptarse a este sistema, poderán concertar unha cita coa Educadora familiar no 678 744 178 para solventar as dúbidas que podan xurdir.

Outras entradas