🏆Premios do VI CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL

Dende o Concello de Xermade queremos felicitar ás persoas premiadas no VI Concurso de Decoración de Nadal e agradecer sinceramente a todas as participantes pola súa creatividade, esforzo e por contribuír a encher o noso concello de espírito nadalicio.

👉 A entrega de premios (cestas de Nadal valoradas en 130 €) será no Concello de Xermade, o martes 30 de decembro ás 14:30 h.

🎁 Grazas por facer de Xermade un concello máis bonito nestas datas tan especiais.
Bo Nadal e felices festas! ✨🎄

Outras entradas