𝗖𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗮 𝗜𝗰í𝗮 𝗻𝗼 𝗖𝗘𝗜𝗣 𝗱𝗲 𝗫𝗲𝗿𝗺𝗮𝗱𝗲

🚸 Este ano celebramos Santa Icía no CEIP de Xermade cun espectáculo moi especial: Blues & Kids, o proxecto de Andy da Silva que achega o blues aos máis pequenos dunha forma divertida e didáctica.
🎷Viaxaremos ás raíces do blues nos Estados Unidos do século XIX, descubriremos como evolucionou ata o rock & roll e coñeceremos a transformación dos seus instrumentos: da voz e a percusión corporal ás culleres, táboas de lavar, banjos, guitarras e batería.
🪇 Unha maneira perfecta de celebrar Santa Icía aprendendo, emocionándonos e gozando da música!
ℹ️ FUNCIÓN ESCOLAR: https://youtu.be/07xd5E3bKyk
Programa Dinamiz-ARTj Promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)

Outras entradas