Cursos en outubro
👨🏼🎓Os cursos son financiados polo Ministerio de Igualdade, e acreditados con diploma oficial por Grupo Forma-t e Afammer Lugo.
🚸 Pode participar calquera persoa maior de 16 anos.
1️⃣ 𝐓𝐫𝐚𝐬𝐭𝐨𝐫𝐧𝐨𝐬 𝐧𝐚 𝐚𝐝𝐨𝐥𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨 𝐬𝐮𝐢𝐜𝐢𝐝𝐢𝐨
Ofrece ferramentas ás persoas coidadoras para comprender os trastornos psicolóxicos máis comúns na adolescencia, identificar sinais de alerta e previr condutas suicidas.
🧠 Contidos:
1. Entendendo a adolescencia: cambios e desafíos
2. Trastornos psicolóxicos máis comúns na adolescencia
3. Prevención do suicidio na adolescencia
4. Como falar cos nenos, nenas e adolescentes sobre saúde mental?
5. Construíndo un ambiente familiar seguro e saudable
2️⃣ 𝐒𝐚ú𝐝𝐞 𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐞 𝐞𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬
A formación procura axudar aos coidadores e coidadoras a mellorar o seu benestar emocional e fortalecer o seu rol na crianza, proporcionando ferramentas para xestionar as emocións, reducir o
estrés e fomentar unha comunicación efectiva, promovendo así unhas relacións familiares máis sas e equilibradas.
💚Contidos:
1. Introdución á Saúde Mental e Emocional
2. Intelixencia emocional na crianza.
3. Xestión do estrés e ansiedade na familia
4. Resolución de Conflitos e Fortalecemento dos Vínculos Familiares
3️⃣ 𝐓𝐞𝐜𝐧𝐨𝐥𝐨𝐱í𝐚 𝐞 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐭𝐞𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨
Busca axudar as persoas coidadoras das crianzas a comprender o impacto da tecnoloxía e o entretemento dixital, promovendo un uso saudable e responsable.
📱 Contidos:
1. A tecnoloxía no día a día familiar
2. As TRIC na infancia e adolescencia: ameaza ou oportunidade?
3. Videogoxos, redes sociais e streaming: como xestionalos
4. Pantallas, saúde e equilibrio familiar
5. Seguridade na internet: protexer sen sobreprotexer
6. Tecnoloxía, futuro e novas competencias
📝 Inscricións: 678 74 41 78