Campamento de Verán XERMADE CONCILIA 2025

Os campamentos de verán son un servizo lúdico e educativo concibido para favorecer o desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial da infancia entre 3 e 16 anos, contribuíndo, ademais, a que as familias poidan conciliar a súa vida laboral, familiar e persoal.

As presentes bases regulan o XVII Campamento de verán Xermade Concilia ➡️ Bases Campamento verán 2025

A documentación necesaria para a inscrición é a seguinte:

• Anexo I

• Fotocopia do Libro de familia e/ou título de familia numerosa.

• Fotocopia do DNI dos pais/nais.

• Fotocopias dos DNI das persoas autorizadas para a entrega e recollida das/os nenas/os.

• Fotocopia do DNI do/a neno/a.

• Fotocopia da tarxeta sanitaria da/o nena/o.

• Declaración xurada de ingresos, ocupación e información sanitaria (Anexo II).

• Acreditación da situación laboral: activo (pode acreditarse a través da parte de arriba da última nómina) ou desempregado/a (coa tarxeta demandante de emprego).

 

INSCRICIÓN: Ata o martes 15 de xullo.

 

 

Actividade gratuíta financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade

Outras entradas