Entrega de premios “Letras Galegas 2025”
Onte para despedirmos o curso entregamos os premios da fase local do certame de narración e debuxo das Letras Galegas.
Un diploma, dous libros, unha axenda de peto, un xogo de bolígrafos de cores e unha bolsa de tela da biblioteca foi o premio que levaron para a casa cada unha das persoas premiadas.
O alcalde Roberto García Pernas agradeceu a presenza e parabenizou a todas as persoas envoltas na realización dos traballos animando á rapazada a participar nestes certames de creación artística que o Concello se esforza en apoiar.