Obradoiro “Mulleres, ritmo e tradición”

🔠 Como sabedes, este ano, a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. A Rede de Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.

🎶 Mulleres, ritmo e tradición é un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria. Impartido por Sabela Olivares, combina o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, os nenos e nenas coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

 

Outras entradas