Excursión sábado 13 de abril

VENDA DE PARCELAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE XERMADE

A Xunta de Galicia oferta en venda solo de uso industrial no parque empresarial do Concello de Xermade.

Dito parque é xestionado polo IGVS “Instituto Galego de Vivenda e Solo”, que ofrece descontos do 30% ou 50%.

O prazo de presentación de ofertas remata o 27 de marzo de 2024.

Podedes consultar a resolución publicada no DOG o 26/02/2024 en: https://acortar.link/JariqC

Podedes consultar o listaxe de parcelas no seguinte documento: https://acortar.link/t2wmXQ

BUSCAMOS OS VOSOS RELATOS E CONTOS

Xunto cos Concellos de Guitiriz, Vilalba, e Muras, Xermade quere recuperar relatos de veciños e veciñas de MÁIS DE 65 anos para compartilos coas novas xeracións no Día da Narración Oral, o 20 de marzo.

Cun relato duns 3 MINUTOS, abonda. Trátase de que GRAVEDES as historias onde prefirades, aínda que se precisades axuda podedes facelo na Biblioteca Municipal de Xermade.

Para unificar as gravacións, debe realizarse co MÓBIL en HORIZONTAL, a uns 5 pasos de distancia da persoa que narre.

PRAZO MÁXIMO para o envío: 18 de marzo, ó whatsapp da Biblioteca 651 03 96 15

O documento coa autorización para a publicación das gravacións está a continuación.

CONSENTIMENTO PARA A PUBLICACIÓN DAS IMAXES E VIDEOS