Obradoiros de Consumo

💡 O Programa Cores pretende achegar a educación en materia de consumo responsable ao maior número de destinatarios posible, adaptándose ás súas necesidades.

É o programa permanente da EScola Galega de Consumo (EGC) a través do cal se ofertan obradoiros e charlas participativas ao longo de todo o ano.

⏰ A duración estimada de cada actividade é de 60 minutos.

Pleno ordinario en Xermade

A Corporación reuniuse en sesión ordinaria o xoves 13 de abril, ás 20 horas. Na parte resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar de As Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015.
Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por importe de 86.106,24 para as achegas municipais a dous convenios asinados coa Deputación de Lugo para a reposición de beirarrúas e senda peonil en Xermade, e para aglomerados en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada. Tamén se repón crédito por importe de 8.165,50€ para contratos de asistencia técnica en materia de abastecemento de auga, con motivo da elaboración dunha auditoría e plan de minimización de perdas de auga e da solicitude de axudas do Perte ciclo da auga por parte dunha agrupaciónde municipios, entre os que figura Xermade.
O Pleno aceptou a cesión dun tramo de estradas provinciais no núcleo de Xermade, necesario para executar a obra de reposición de beirarrúas, e en Roupar, para a execución da obra da área de xogos infantís (Plan Único 2022) e para o proxecto da Casa da Veciñanza.
A Alcaldía informou ao Pleno da concesión definitiva da axuda para a rehabilitación de reitoral de Xermade, da denegación definitiva da axuda para a Casa da Veciñanza de Roupar e da entrada en vigor do Regulamento de títulos, honras e distincións. Anunciou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio, coincidindo co pleno de sorteo de mesas electorais.
Acceda á orde do día da sesión: 20230410_Resolución_Decreto de Alcaldía _ Decreto de Presidencia _DECRETO 2023-0134 [Decreto convocatoria](1)

O proxecto de rehabilitación da reitoral de Xermade resulta seleccionado para o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local)

O proxecto de rehabilitación da Casa Reitoral de Santa María de Xermade resultou seleccionado de forma provisional para a obtención dunha axuda ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para as Entidades Locais (PIREP local), do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O proxecto denominado “A Reitoral (CIT): Centro Internacional da Torneiría” acadou 53,08 puntos, sendo o único proxecto beneficario na provincia de Lugo, dun total de 188 proxectos a nivel estatal. O importe da axuda ascende a 454.860,00 euros (o orzamento é de 500.195,80 euros), segundo a “Resolución provisional de la convocatoria de Ayudas para la Rehabilitación de Edificios de Titularidad Pública en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia” publicada na sede electrónica do MITMA o pasado 3 de abril.
Acceda aquí á resolución: resolucionprovisional_l2conanexos
Este proxecto, redactado polas arquitectas da Universidade da Coruña Luz Paz Agras e Marta Marcos Maroño, resultara tamén beneficiario das axudas do Instituto de Transición Xusta. O Concello de Xermade aceptou na data de onte a concesión desta axuda, por importe de 403.000,00 euros, que acada o 100% dos gastos.