OBRADOIRO “AS MANS QUE FALAN”

Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”

Convocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017”, que vimos de convocar na biblioteca de Xermade:

Poderán participar tódolos nen@s, con poemas sobre o tema: “O Nadal”

Tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.

Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.

O prazo de presentación rematará o 23 de decembro.

As poesías gañadoras desta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.