XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones

“A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Día: Sábado- 21 de febreiro de 2015

Lugar: EGAP R/Madrid, 2-4, Santiago de Compostela

Prazo de inscrición: ata o 19 de febreiro de 2015

Poderá atopar o programa e a solicitude de inscrición na web (http://igualdade.xunta.es) , no folleto e arquivos que se adxuntan.

Formulario de Inscripción

O concello de Xermade, a través da Educadora Familiar (Manuela) está xestionando a forma de ir en grupo as familias interesadas.

As familias que desexen participar nesta Xornada gratuita, poden poñerse en contacto nos teléfonos: 982 – 50 11 08 e 678 744 178 ata o venres ás 11 da mañá. O Concello de Xermade poñerá un bus para as familias que desexen acudir á Xornada. Deberá de xuntarse un grupo mínimo de 15 persoas.

Aviso: Tanto a Xornada como o autobús non teñen custe para as familias. O xantar é por conta das familias.

 

XIII-Xornadas-Cartel_A3

Programa_XIII_Xornadas-Diptico2

QUERES DEIXAR DE FUMAR? TERPIA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2015

tabaco

O Servizo de prevención de drogodependencias da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade informa da próxima edición da Terapia de Deshabituación Tabáquica 2015 destinada a toda a veciñanza dos concellos agrupados que desexen abandonar a adición ó tabaco.

O Programa de deshabituación tabáquica, completamente gratuíto, desenvolverase nos meses de marzo e abril nunha sesión semanal durante 7 semanas consecutivas, nas que os participantes aprenderán a vivir sen tabaco có apoio profesional da psicóloga   Roza Marina Zas Castro, da AECC.

O lugar e hora de desenvolvemento do programa fixarase en función das persoas  interesadas en cada concello. As inscricións recolleranse nos concellos da agrupación, para máis información www.prevenciondedrogas.es ou prevenciondrogas@rabade.org.

Entroido infantil

Entroido_Infantil_2015

14 e 15 de Febreiro – Sábado e Domingo: Entroido infantil de 4 a 7 da tarde no pavillón polideportivo de Xermade. Prazas limitadas. Inscricións no concello ou por teléfono: 982501108 – 678744178 (Manuela). Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Teatro en Xermade o día 22 de febreiro

Cartel-Teatro-Febreiro-Xermade
O día 22 de febreiro, domingo, ás 5 da tarde, no salón de actos do Colexio de Xermade, actuará o grupo de teatro da A.VV. de Roupar.

A obra que van a interpretar está baseada en textos de José Luis Prieto e titúlase “Mañá virá o penúltimo tren”

As actrices e actores que forman este grupo de teatro afecionado son: Pilar Gómez, Berta Prieto, Sonia López, Puri Pena, Marina Pita, Pepe Vilar, Josefa Maseda, Marcelino Hermida e Herminia Pardo; todas/os veciñas/os de Roupar e Lousada.

Dirixe: Agustín Bolaños

Esta obra xa a estrearon fai uns meses en Roupar.

Entroido 2015

entroido xermade 2014

Luns, 16 de Febreiro, a partir das 21:30 horas no pavillón Polideportivo de Xermade

– Actuación de Sandra Patricia

– Premios aos tres mellores disfraces:

1º Premio 150 €uros

2º Premio 100 €uros

3º Premio 50 €uros

Bases Entroido 2015