🖐️✨ 𝐎𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐞𝐧 𝐗𝐞𝐫𝐦𝐚𝐝𝐞
Chega o 3º cuadrimestre de “𝗠𝗮𝗻𝘀 𝗔𝗿𝘁𝗲𝘀á𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟱”, unha iniciativa da Deputación de Lugo que percorre as comarcas da provincia de Lugo levando a cultura artesanal a cada recuncho.
📍 Nesta ocasión, convidámoste a participar nun obradoiro de coiro dunha hora de duración, onde poderás aprender a traballar este material con técnicas artesás, da man de profesionais do sector. Non precisas experiencia previa, só ganas de crear!
🔹 Actividade de balde
🔹 Materiais incluídos
🔹 Persoas menores de 12 anos deberán estar acompañadas
🗓️ Data: sábado 18 de outubro
📌 Lugar: Nave municipal do Polígono industrial de Xermade
🕐 4 quendas: 10h, 11h, 12h e 13h.
📩 Inscricións abertas! Prazas limitadas no 678 74 41 78
Co apoio da Deputación de Lugo, “Mans Artesás” busca fomentar a artesanía, dinamizar a economía local e promover a integración social. Únete e forma parte desta experiencia creativa que achega a arte da man á xente!