O vindeiro 29 de abril, chega a Xermade o Centro de Información ás Mulleres Móbil (CIM Móbil), un servizo itinerante de apoio, asesoramento e acompañamento.

Data: 29/04/2026

Horario: 10:00 h – 12:00 h

Lugar: Praza do Concello de Xermade

Un espazo seguro onde recibir:

Información e asesoramento

Atención psicolóxica, social e xurídica

Acompañamento personalizado

Orientación sobre recursos e dereitos
Este servizo está dirixido a mulleres e á cidadanía en xeral, promovendo a igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Achegádevos, informádevos e compartide! Entre todas e todos construímos unha sociedade máis xusta e igualitaria.