𝐃í𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐀𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞
Unha proposta única para o 𝐃í𝐚 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐌𝐞𝐝𝐢𝐨 𝐀𝐦𝐛𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞, na que nos achegaremos á figura da árbore en todas as súas dimensións: biolóxica, simbólica e emocional.
Percorreremos as distintas etapas da súa existencia, desde a xerminación da semente ata a morte e descomposición da madeira, descubrindo a súa morfoloxía, os seus segredos e o profundo simbolismo ancestral que a acompaña. Ao longo desta viaxe comprenderemos que a experiencia vital das árbores está moito máis ligada á nosa do que imaxinamos.
A participación do público, o humor e o amor pola natureza completan este percorrido cheo de matices, reflexións e descubrimentos inesperados.






