𝐃í𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚𝐬 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬

🎉 Celebramos o 𝐃í𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚𝐬 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 con música, tradición e diversión 🎶

👵🎻 En plena festa do pobo, unhas intrépidas musiexploradoras métense nunha boa lea. Para solucionalo, deben lavar o pano da avoa… pero este desaparece río abaixo! Na súa procura, coñecerán a diferentes mulleres do pobo, que, sen deixar de traballar nin de cantar, brindaranlles a súa axuda.

🌾 Un espectáculo cheo de humor, tenrura e música tradicional, que rende homenaxe ás mulleres rurais e aos oficios de outrora. Porque elas, coa súa sabedoría e as súas cancións, seguen tecendo a memoria dos nosos pobos.

🎶 Con este espectáculo, Triguiñuelas aposta por achegar a música tradicional aos máis pequenos, poñendo en valor a cultura popular e o papel esencial das mulleres na vida rural.

Programa Dinamiz-ARTj Promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN)

Outras entradas