O Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.
QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016
/en Xermade @es /por Concello de XermadeQUERES DEIXAR DE FUMAR?
PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016
Esta actividade gratuíta desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño nunha sesión semanal dunha hora de duración durante 7 semanas consecutivas e 3 distanciadas. Para incentivar a asistencia a AECC esixirá un depósito económico que será devolto integramente ó finalizar o programa a aqueles participantes que asistiran a 7 das 10 sesións.
Inscríbirte antes do 23 de marzo nalgún dos concellos da agrupación ou enviando os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org.(prazas limitadas)
O lugar e horario do programa fixarase en función das preferencias das inscricións recibidas.
DESCARGA FORMULARIO INSCRICIÓN [+]
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
PREVENCIÓN DE MALOS HÁBITOS EN EMBARAZO E LACTANCIA
/en Xermade @es /por Concello de XermadeCONSTRUÍNDO VIDAS
PREVENCIÓN DE MALOS HÁBITOS EN EMBARAZO E LACTANCIA
Poñente. Benita Martínez García (Matrona do C.S. Vilalba)
Duración: 1 h. 30 mins.
Lugar:
Charla informativa sobre hábitos que poden supoñer riscos para embarazadas, lactantes e bebés, ofrecida pola profesional sanitaria Benita Martínez García, matrona de Vilalba (Guitiriz e Xermade).
Esta actividade está aberta a toda a poboación.
Necesaria inscrición no Servizo de Prevención concello de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade) ou remitindo os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org
DESCARGA FORMULARIO [+]
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
MULLER E SAÚDE
/en Xermade @es /por Concello de XermadeCharla- taller realizada a través da Escola Galega de Saúde
Lugar: Guitiriz, Casa Habanera
Día e hora: venres 11 de marzo de 17:00 a 19:00h.
Expedirase certificado de asistencia
Esta actividade, aberta a toda a cidadanía, centra a súa atención en mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos da muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
Imprescindible inscrición (prazas limitadas) a través do enlace http://escolasaude.sergas.es/Contidos/CURSOS-PRESENCIAS ou faciliando os datos persoais e de contacto no Servizo de Prevención do concello da agrupación de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade).
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
CURSO: EDUCAR EN COOPERATIVISMO
/en Concello de Xermade | Cultura @es, Xermade @es /por Concello de XermadeDentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza a UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), vaise levar a cabo no concello de Xermade o Curso gratuito “Educar en cooperativismo” cunha duración de 20 horas, entre os días 14 e 17 de marzo de 2016.
O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.
Trátase dunha actividade financiada pola Xunta de Galicia con Fondos Europeos
Adxuntamos cartel informativo e enlace para inscricións.
Inscricións curso “Educar en cooperativismo”
Persoa de contacto no concello de Xermade: Manuela Vilaboy Romero (Educadora familiar). Tel. 982-501001 ou 678744178
Premiados en el Certamen de Poesía Infantil “Nadal 2015”
/en Concello de Xermade | Cultura @es /por Concello de XermadeContos para o Nadal
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeSábado, 19 de decembro ás 12 na biblioteca
Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeFesta de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
Mércores, 30 de decembro ás 17:00 Horas.
Dirixido a nen@s de 2 a 14 anos
Nais e pais tamén poden participar.
É necesaria a inscrición previa.
XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
/en Xermade @es /por Concello de XermadeO Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.
Certame de poesía infantil “nadal 2015”
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeGrupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ
/en Sin categoría @es /por Concello de XermadeGrupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ representa a peza “Xuízo anticorrupción”
Teatro interactivo que busca transformar o lugar de actuación nun escenario real, no que o público intervén como se fose parte da representación.