IV INVERNADA DE CINE- CABREIROS. XERMADE

IV INVERNADA DE CINE

CASA ESCOLA DE CABREIROS

Organiza: Asociación de Veciñas/os de Cabreiros, Concello de Xermade e Facultade de CC. da Educación da USC.

Lembramos a toda a veciñanza que un ano máis está en marcha a Invernada de cine en Cabreiros. Unha actividade na que se busca compartir tardes de ocio entre familias, amizades, veciñanza e todas aquelas persoas que se queiran achegar ata Cabreiros para pasar unhas tardes entretidas e con contidos moi variados.

Este ano temos a gran sorte de ser o segundo concello da provincia de Lugo onde se estrea “VIDA” e o documental “Máis ca Vida”, de Rubén Riós. Aquí tivemos ás persoas protagonistas, Mónica Ferreiro e Óscar Rodríguez. Unha tarde chea de emocións e leccións de vida.

O 12 de novembro foi un día especial presentado polo mestre Alfonso Blanco Torrado, gran dinamizador cultural do concello de Guitiriz que presentaba a Bruno Pena e a súa peza “A chave de Bascuas”. Unha obra que parte coma un proxecto de fin de grao e na que participan máis de 70 persoas.

O sábado 26 de novembro presentamos a II Edición de “Queremos escachar coa risa” onde María Carballo e Laura Cabarcos nos amosarán distintos videos virais con distintos toques de humor. Sen dúbida será unha xornada moi divertida…

No mes de decembro tamén teremos actividade… será o día 3, acompañaranos Roberto Lolo con dúas das súas curtas, “Osito de peluche 3” e “Tienes un móvil”… dúas pezas que nos farán reflexionar e propiciarán o debate. Ademáis contaremos cunha protagonista especial, unha nena sarriana que visita moito o noso concello.

E rematamos o día 10 de decembro con “Moito conto con Ana Carreira”, un espectáculo para toda a familia. Ana é actriz, dramaturga, directora e narradora oral. Adica parte da súa profesión á creación de historias infantís.

Queda todo o mundo convidado a vir a Cabreiros, Xermade, á nosa Invernada de Cine. Un espazo interxeracional que busca unir persoas, entreter, ensinar, emocionar, debatir… e sobre todo, compartir.

Esperámosvos.

O Concello de Xermade acomete as obras de acondicionamento de camiños rurais nas parroquias de Lousada, Roupar, Burgás Miraz e Piñeiro

O Concello de Xermade acomete as obras de acondicionamento de camiños rurais nas parroquias de Lousada, Roupar, Burgás Miraz e Piñeiro

Cartel obra Acondicionamento de camiños rurais nas parroquias d

Contos para o Nadal

Biblioteca

Sábado, 19 de decembro ás 12 na biblioteca

Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca

biblioteca

Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca

Mércores, 30 de decembro ás 17:00 Horas.

Dirixido a nen@s de 2 a 14 anos

Nais e pais tamén poden participar.

É necesaria a inscrición previa.

Grupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ

Grupo Teatro Humorístico Trípode de ALFOZ representa a peza “Xuízo anticorrupción”
Teatro interactivo que busca transformar o lugar de actuación nun escenario real, no que o público intervén como se fose parte da representación.

Grupo-humorístico-Trípode