Sotavento Galicia, S.A. constitúese en 1997 promovida pola Xunta de Galicia. Esta sociedade crea o Parque Eólico Experimental Sotavento, unha singular instalación que, ademais do obxectivo comercial común a este tipo de proxectos, debía realizar outras actividades adicionais centradas en tres áreas:

– Investigación
– Divulgación
– Formación

Accionistas


Sotavento Galicia, S.A., está participada por dúas entidades públicas:

  • Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
  • Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE),

e por tres empresas privadas en representación do sector eléctrico de Galicia:

  • Enel Green Power España, S.L.
  • Iberdrola Renovables Galicia, S.A.
  • Enerxía de Galicia, S.A. (ENGASA)

Accionistas Sotavento Galicia

Obxecto Social


O obxecto social consistirá no exercicio das seguintes actividades:

  • Promover, deseñar, construír, operar, explotar, xestionar e administrar centrais que utilicen como enerxía primaria, enerxías renovables, así como realizar as actividades relacionadas co funcionamento e explotación das devanditas instalacións.
  • Promoción e realización de proxectos, estudos e outras actuacións de investigación e experimentación relacionadas coas enerxías renovables e co aforro e eficiencia enerxética.
  • Desenvolver as tecnoloxías de produción e aproveitamento da enerxía mediante a investigación e o desenvolvemento.
  • Realizar actividades de I+D+i relacionadas co ámbito das enerxías renovables e do aforro e eficiencia enerxética, e apoialas e incentivalas de diversas formas, inclusive mediante a prestación de servizos tecnolóxicos.
  • A promoción, formación, fomento e debate de todos os aspectos relacionados coas enerxías renovables e o aforro e eficiencia enerxética.
  • Facer posible a máxima penetración das enerxías renovables no sistema enerxético, mediante a xeración das ferramentas e os servizos necesarios para solucionar os problemas técnicos e de relación entre os distintos axentes do sistema.
  • Promover, divulgar e fomentar actuacións que vinculen o desenvolvemento enerxético coa súa interacción co medio e cun desenvolvemento sostible.
  • Calquera outro tipo de actuación que implique unha mellora na optimización e implantación das enerxías renovables e de fomento do aforro e eficiencia enerxética.