Recepción dunha miniexcavadora para o Concello de Xermade

O pasado martes 31 de outubro o alcalde, Roberto García Pernas, e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto Barro, recibiron o vehículo destinado ao servizo de medio ambiente e obras do Concello de Xermade, unha retroexcavadora modelo SUWARD SWE35UF servida pola empresa asturiana Transfaya SL. O custe do vehículo ascende a 58.685,00 euros.

O Concello de Xermade precisa dun vehículo destas características para a protección do medio ambiente e do espazo natural. O acondicionamento e conservación dos camiños rurais e pistas forestais lévase a cabo con maquinaria e a mini retroexcavadora é necesaria para realizar pequenos movementos de terras e gabias que permitan a canalización de augas pluviais.

O vehículo é financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, liña de concorrencia non competitiva, anualidade 2023, por importe de 30.133,49 euros. O Concello de Xermade achega 28.551,51 euros.

 

Coidados porta a porta

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a preto de 100.000 galegos.

Que servizos se prestan?

Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.

Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?

Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.

Como pido cita?

Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Comezan as obras da depuradora do Campo da Feira, en Momán

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xermade asinaron un convenio de colaboración o 7 de outubro de 2021 para o financiamento, execución e entrega das obras de saneamento e depuración para o núcleo do Campo da Feira.

O Concello de Xermade comprometeuse a adquirir os terreos necesarios para a construción da depuradora, e a tal efecto adquiriu as oito parcelas necesarias para ubicar a infraestrutura, investindo un total de 6.874,50 euros.

O pasado 14 de outubro, a Confederación remite a segunda addenda para o reaxuste de anualidades inicialmente previstas, que pasan a ter os seguintes importes:

ADMINISTRACIÓN

2021

2022

2023

2024

TOTAL

CHMS, O.A.

14.480,00 €

6.829,18 €

120.000,00 €

114.690,82 €

256.000,00 €

CONCELLO

DE XERMADE

3.620,00 €

1.707,30 €

30.000,00 €

28.672,70€

64.000,00 €

TOTAL

18.100,00 €

8.536,48 €

150.000,00 €

143.363,52 €

320.000,00 €

A Xunta de Goberno Local aprobou esta segunda addenda na sesión ordinaria que se celebrou o pasado 18 de outubro de 2023.

O inicio das obras é inminente e prevese que estean rematadas no ano 2024.

Adxudicación do contrato para a elaboración dun inventario de camiños

O Concello de Xermade adxudicou o servizo de elaboración do inventario de camiños á empresa Procat Ingeniería y Medio Ambiente, SL, con CIF B27712751, que acadou unha puntuación de 7,03 puntos, consonte á oferta presentada:

– Oferta económica: 14.800,00 euros e 3.108,00 euros de IVE (21%)

– Redución de prazo fase 1: reduce 2 meses

– Melloras ofertadas:

ACTUACIÓN

XEORREFERENCIACIÓN DO CATASTRO HISTÓRICO ANOS 50

XEORREFERENCIACIÓN DAS CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS

XEORREFERENCIACIÓN DOS PLANOS REALIZADOS POR LOS TÉCNICOS MUNICIPAIS

FORMACIÓN DO MANEXO DO SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (XIS) DE SOFTWARE LIBRE E DE CÓDIGO ABERTO EMPREGADO

O proxecto dividirase en dúas fases segundo o seguinte contido:

Fase 1 DOCUMENTO PARA APROBACIÓN INICIAL, que se dividirá en:

SUBFASE – 1.1 – Recompilación de documentación

SUBFASE – 1.2 – Delineación de camiños susceptibles de seren municipais

SUBFASE – 1.3·Resolución de dúbidas, modificacións, envorcado de datos, instalación do proxecto XIS e impresión de documento para a aprobación inicial

Fase 2 DOCUMENTO PARA APROBACIÓN DEFINITIVA, que se dividirá en:

SUBFASE – 2.1 – Resolución de alegacións.

SUBFASE – 2.2 – Modificación de base de datos, instalación proxecto definitivo e impresión do documento aprobado definitivamente.

A adxudicataria comprometeuse a realizar os traballos no prazo de oito meses dende a adxudicación.

Modernización e mellora da rede de abastecemento de auga en varias parroquias

A empresa APEX SISTEMAS SL está executando o contrato de subministración de contadores de telelectura no municipio de Xermade, segundo o prego de prescricións técnicas redactado pola técnica municipal.

A modernización e mellora da rede municipal de abastecemento de auga pasa pola colocación 3 contadores na rede en alta á saída dos depósitos de Candamil, Roupar e Cabreiros e 220 contadores na rede en baixa de consumo individual con telelectura vía radio sistema Wireless MBUS OMS nas parroquias de Burgás, Candamil, Roupar e Xermade.

O presuposto de execución material da mellora da rede de abastecemento de auga potable ascende á
cantidade total de 41.571,90 € (COARENTA E UN MIL CINCOCENTOS SETENTA E UN euros con NOVENTA
céntimos). Incrementado este co 21 % correspondente ao IVE, resulta un presuposto de execución por contrata de 50.302,00 € (CINCUENTA MIL TRESCENTOS DOUS euros).

As actuacións deben estar executadas o 15 de novembro de 2023, ao estaren financiadas a través da Orde do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes (DOG n.º 34 do 17/02/2023), cunha axuda de 46.000,00 euros.

DÍA DA MULLER RURAL

Concerto de Her Itage: “As que non soan: o patrimonio musical das mulleres”

Sábado 14 de outubro

19.30 horas

Casa Escola de Cabreiros (Xermade)

Estas actividades son postas en marcha co apoio do Instituto para la Transición Justa (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa DinamizartJ, co que se pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.

Andaina Xermade-Cazás

Carreira Popular de Xermade

Reunión de traballo coa arquitecta Luz Paz Agras

O goberno municipal mantivo hoxe unha reunión coa arquitecta xermadesa Luz Paz Agras, da Universidade da Coruña, que fai parte do equipo redactor do proxecto de rehabilitación da Reitoral de Xermade, a fin de coñecer o estado de elaboración do proxecto de execución desta obra, que resultou beneficiaria dunha axuda por importe de 403.000,00 euros por parte do Instituto de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico. Na reunión estiveron presentes tamén a secretaria-interventora e a técnica de urbanismo do Concello de Xermade.

Segundo o calendario previsto na addenda ao convenio asinado entre o Concello de Xermade e a Universidade da Coruña no 2023, o proxecto de execución debe estar ultimado o 31 de outubro de 2023, a fin de que a obra poda licitarse e estar adxudicada en febreiro de 2024, dado que o prazo de execución das obras estímase en 14 meses. O goberno municipal agarda que as obras estean rematadas no 2026, coincidindo co XXV aniversario do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade.