O Pleno da Corporación xermadesa celebrou a primeira sesión ordinaria do ano 2024 o martes día 23. En primeiro lugar, realizouse o sorteo de membros de mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento galego que terán lugar o videiro 18 de febreiro de 2024. Na sección resolutiva aprobouse un suplemento de crédito financiado cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para rehabilitar a escola da Ladrela, na parroquia de Piñeiro, por importe de 63.264,12 euros; e tamén se aprobou inicialmente un regulamento para a asignación dos complementos retributivos de produtividade e gratificacións para o persoal municipal.
Na sección de fiscalización e control, douse conta do envío de información relativa ao Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2023 (10,81 días) e do informe anual de morosidade do ano 2023. Tamén se informou da publicación dos anuncios de aprobación definitiva do orzamento do exercicio 2024 e anexos e do Plan de ordenación de recursos humanos, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 15 de decembro de 2023.
A Alcaldía informou ao Pleno dos seguintes asuntos:
1º. A sinatura dun procotolo xeral para a posta en marcha dunha oficina demográfica para a integración de novos poboadores, combater o desequilibrio demográfico, recollidos no proxecto “E para vivir Lugo”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e pola Deputación Provincial de Lugo, en data 21/12/2023.
2º. A sinatura dun convenio interadministrativo de cooperacion entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Xermade para cooperar na “Fase II da reposición das beirarrúas en Xermade” ano 2023, o 29/12/2023. O financiamento ascende a 79.999,98 euros (100% dos custes da obra).
3º. A concesión dunha subvención ao abeiro da ORDE do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P), para a adquisición de 103 composteiros, cunha axuda de 7.798,50 euros.
Xustificouse a anualidade 2023 o pasado 30/12/2023.
4º. O ingreso de 241.800,00 euros por mor da concesión de subvención polo Instituto de Transición Xusta dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais en municipios de zonas afectadas pola transición enerxética no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para o proxecto “A Reitoral (CIT): rehabilitación de casa reitoral para centro internacional da torneiría”, por importe total de 403.000,00 euros.
O proxecto básico e de execución foi entregado polo equipo redactor o 25/12/2023, con rexistro nº 2023-E-RE-842. Foi remitido a Patrimonio e a Vías e Obras da Deputación de Lugo para a obtención de autorizacións sectoriais, e a supervisión da Deputación.
No apartado “mocións”, o Partido Popular presentou unha moción relativa á atención primaria, que non chegou a debatirse ao non ratificarse a urxencia por maioría absoluta.
A seguinte sesión ordinaria terá lugar o segundo xoves do mes de marzo.
Entroido 2024
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO concurso de disfraces do Entroido 2024 en Xermade celebrarase o luns día 12 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal a partires das 21.00 horas.
O prazo de inscrición de participantes será desde o momento de publicación das bases ata o 7 de febreiro.
A inscrición poderá facerse de xeito presencial no Concello ou no correo electrónico educadora.familiar@xermade.org, aportando o Anexo I cuberto e un certificado de conta.
Para consultar calquera dúbida, contactar coa Educadora familiar no 678 744 178.
Bases Entroido 2024
Anexo I: Documento inscrición Entroido 2024
Cartel Entroido 2024
Convenio coa Asociación Cometa
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade e a Asociación Cometa asinaron un convenio de colaboración para atender animais abandonados no municipio en xaneiro de 2021.
Desde entón, Cometa faise cargo dos animais recollidos polo concello, asumindo o seu coidado e alimentación ata que sexan recuperados, cedidos ou adoptados.
Por tanto, para calquera aviso por parte da veciñanza, chamen ó concello ó 982 50 10 02 en horario de mañá e ó 112 en horario de tarde.
https://asociacioncometa.org/
Reunido o Pleno en sesión ordinaria o martes 23 de xaneiro
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno da Corporación xermadesa celebrou a primeira sesión ordinaria do ano 2024 o martes día 23. En primeiro lugar, realizouse o sorteo de membros de mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento galego que terán lugar o videiro 18 de febreiro de 2024. Na sección resolutiva aprobouse un suplemento de crédito financiado cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para rehabilitar a escola da Ladrela, na parroquia de Piñeiro, por importe de 63.264,12 euros; e tamén se aprobou inicialmente un regulamento para a asignación dos complementos retributivos de produtividade e gratificacións para o persoal municipal.
Na sección de fiscalización e control, douse conta do envío de información relativa ao Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2023 (10,81 días) e do informe anual de morosidade do ano 2023. Tamén se informou da publicación dos anuncios de aprobación definitiva do orzamento do exercicio 2024 e anexos e do Plan de ordenación de recursos humanos, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o 15 de decembro de 2023.
A Alcaldía informou ao Pleno dos seguintes asuntos:
1º. A sinatura dun procotolo xeral para a posta en marcha dunha oficina demográfica para a integración de novos poboadores, combater o desequilibrio demográfico, recollidos no proxecto “E para vivir Lugo”, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e pola Deputación Provincial de Lugo, en data 21/12/2023.
2º. A sinatura dun convenio interadministrativo de cooperacion entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Xermade para cooperar na “Fase II da reposición das beirarrúas en Xermade” ano 2023, o 29/12/2023. O financiamento ascende a 79.999,98 euros (100% dos custes da obra).
3º. A concesión dunha subvención ao abeiro da ORDE do 1 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975P), para a adquisición de 103 composteiros, cunha axuda de 7.798,50 euros.
Xustificouse a anualidade 2023 o pasado 30/12/2023.
4º. O ingreso de 241.800,00 euros por mor da concesión de subvención polo Instituto de Transición Xusta dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais en municipios de zonas afectadas pola transición enerxética no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para o proxecto “A Reitoral (CIT): rehabilitación de casa reitoral para centro internacional da torneiría”, por importe total de 403.000,00 euros.
O proxecto básico e de execución foi entregado polo equipo redactor o 25/12/2023, con rexistro nº 2023-E-RE-842. Foi remitido a Patrimonio e a Vías e Obras da Deputación de Lugo para a obtención de autorizacións sectoriais, e a supervisión da Deputación.
No apartado “mocións”, o Partido Popular presentou unha moción relativa á atención primaria, que non chegou a debatirse ao non ratificarse a urxencia por maioría absoluta.
A seguinte sesión ordinaria terá lugar o segundo xoves do mes de marzo.
Convocatoria de subvencións para fomentar unha actividade de interese municipal
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 3 de xaneiro de 2024 en sesión ordinaria. Entre outros asuntos, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para o fomento de actividades de interese municipal nos anos 2023-2024.
Esta convocatoria contempla tres novidades respecto das convocatorias de anos anteriores:
1ª. Período subvencionable: do 1 de novembro de 2023 ao 31 de outubro de 2024 (base segunda).
2ª. O crédito orzamentario é de 20.685,00 euros (base segunda) e como máximo concederánse 2.800 euros por entidade (base quinta).
3ª Posibilidade de solicitar un anticipo prepagable do 50% da subvención concedida (base sétima).
A convocatoria publicouse no BOP nº 012 o luns 15 de xaneiro e o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de febreiro de 2024.
As persoas e entidades interesadas poden contactar co técnico local de emprego se queren recibir máis información respecto destas axudas (ernesto@xermade.org).
Acceda aquí ao texto íntegro das bases: Bop 012 15-01-2024
Acceda aquí ao modelo de solicitude: MODELOS DE SOLICITUDE AXUDAS ASOCIACIÓNS 2024
Programa de compostaxe doméstica
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO programa de compostaxe doméstica do Concello de Xermade conseguiu a axuda solicitada á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a adquisición de 103 composteiros, que serán entregados a todas aquelas persoas con vivenda en Xermade que o soliciten.
O proxecto ten un orzamento total de 8.665,00€ e a axuda concedida ascende a 7.798,50€ distribuidos en dúas anualidades: 779,85€ no 2023 e 7.798,50€ no 2024.
O Concello de Xermade recibiu a notificación da concesión o 13 de decembro de 2023 e o 30 de decembro presentou a xustificación da anualidade 2023. A anualidade 2024 debe xustificarse ata o 30 de decembro de 2024.
PREMIOS IV CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarNo acto de entrega de premios tamén haberá un recoñecemento a Carolina Y. Graña Montero e á granxa “A Lagoa Serabel SC” polos recentes logros nos seus respectivos ámbitos.
Acta Xurado IV Concurso Decoración de Nadal
Actividades no Nadal
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarIV CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarO Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nun concurso de decoración de Nadal, co fin de dinamizar a participación activa da cidadanía, fomentando a súa creatividade, e incentivando a ilusión das máis pequenas e pequenos.
A data de inscrición estará aberta desde a publicación destas bases ata o 21 de decembro ás 14.30 horas.
Bases Concurso
A VIAXE FELIZ DE RAMÓN SANFIZ
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarChega a Roupar este espectáculo da man da Rede De Dinamización Lingüística.
Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño.
Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.
NARRACIÓN ORAL E MONICREQUES / +5 ANOS / 50 MIN
Autor e director Inacio Vilariño
Actor Inacio Vilariño
Música Tradicional
Escenografía Luis Iglesias, “Luchi”
Vestiario María Chenut
Cartel Iván Suárez
Xornada informativa sobre o parque eólico Santuario
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Concello de Xermade organiza unha xornada informativa para a veciñanza afectada pola instalación do “Parque Eólico Santuario”. Participará D. Xavier Simón Fernández, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e Dª. María Montero Muñoz, profesora titular do departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas da Universidade de Vigo.
Ambos profesores forman parte do Observatorio Eólico de Galicia. O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O OEGA naceu da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo. Desde xuño de 2023, a Fundación Paideia Galiza forma parte do padroado do Observatorio.
O Observatorio, liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos que a enerxía eólica xera no mundo rural.
Día: Martes, 12 de decembro
Lugar: Salón de Actos do CEIP de Xermade
Hora: 18:30