O municipio galego de Xermade alzouse co Premio Eolo 2013 á integración rural da eólica na súa segunda edición. A Asociación Empresarial Eólica (AEE) decidiu premiar a Xermade por tratarse dun municipio modélico no que ao desenvolvemento eólico se refire. Trátase dun pobo dedicado á agricultura de autoconsumo e a gandaría, que utilizou os recursos xerados por esta enerxía para crear riqueza e emprego.
A bisbarra conta con 2.100 habitantes e 82 MW eólicos, repartidos en tres parques. O 20% da poboación total da bisbarra ten un emprego ligado directa ou indirectamente á eólica. O 20% dos ingresos do Concello proceden da eólica e reinvestíronse no desenvolvemento de actuacións de interese comunitario que melloraron a calidade de vida dos veciños. As axudas á natalidade para fomentar a permanencia no municipio, a mellora das prestacións sociais, a rehabilitación de edificios, as obras de acondicionamento urbano con actuacións racionais, as vivendas sociais e os investimentos relacionados coa sostibilidade enerxética son só algúns exemplos.
O Concello de Xermade convoca un premio de investigación histórica
/in Xermade /by Concello de XermadeO Concello de Xermade, aproveitando a celebración da décima edición das Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros, presentou o I Premio de Investigación Xermade na Historia, un certame que repartirá 3.000 euros como recoñecemento aos dous mellores traballos presentados
XII Encontro Internacional de Torneiros de Madeira en Xermade
/in TORNEIROS, Xermade /by Concello de XermadeSimultáneamente ao desenvolvemento destas actividades poderase visitar a V Exposición itinerante de madeira torneada, que estará exposta venres e sábado, no mesmo recinto, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.
Na xornada do sábado pola tarde, teremos un espazo de torneado participativo, coa elaboración dunha peza conxunta por parte dos participantes; ademais de demostracións dos expertos invitados e un interesante espazo de iniciación para aqueles que se atrevan a experimentar in situ coa madeira.
O XII Encontro pecharase o domingo 23 cunha avaliación do evento por parte dos participantes no salón de actos do Colexio Público deXermade. Mentres no Polideportivo haberá un oco para atender a decoradores, interioristas, responsables de galerías de arte e de tendas de artesanía; e continuarán as demostracións ao público.
Se durante estes tres días nos interesa facer algunha compra tamén poderemos facelo, xa que haberá unha exposición-venda de maquinaria, ferramentas e publicacións relacionadas con esta temática e aberta ao público en xeral.
A clausura será o domingo sobre as 13:30 horas, a cargo do alcalde de Xermade, D. TomásRodríguez Arias.
Xermade gaña o II Premio Eolo á integración rural da eólica
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeO municipio galego de Xermade alzouse co Premio Eolo 2013 á integración rural da eólica na súa segunda edición. A Asociación Empresarial Eólica (AEE) decidiu premiar a Xermade por tratarse dun municipio modélico no que ao desenvolvemento eólico se refire. Trátase dun pobo dedicado á agricultura de autoconsumo e a gandaría, que utilizou os recursos xerados por esta enerxía para crear riqueza e emprego.