O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido que se están a programar.
O 6 e 7 de febreiro haberá campamento infantil para nenas e nenos de 3 a 14 anos no pavillón polideportivo, de 4 a 7 da tarde, onde participarán en variedade de xogos, carreiras, búsquedas, xogos con wii…
Esta actividade é gratuita e conta cun número de prazas limitadas a 35. As persoas interesadas en inscribir ás nenas e nenos, poden facelo na 2ª planta do Concello de Xermade (educadora familiar).
Este campamento está pendente de solicitude de subvención á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola convocatoria que se fai para concellos das actividades de igualdade, e que se cofinancian a través da Secretaría Xeral da Igualade, o Fondo Social Europeo e o Concello.
O Luns, día 8 de febreiro, terá lugar no pavillón polideportivo a tradicional Festa de de Entroido, onde se convida a participar a toda a veciñanza. A partir das 9:30 da noite actuará o Dúo D´Cine que amenizará a festa.
Adxúntanse as bases do concurso de disfraces que este ano inclúe como novidade a participación de nenas e nenos sempre que veñan acompañados dunha persoa adulta.
Haberá algunha que outra sorpresiña e tamén chocolate quente para todas as persoas que nos acompañen nesta noite de Festa.
Tanto para o Entroido infantil como para a Festa de Entroido do día 8, haberá un cañón de calor no pavillón.
Desexamos un bo Entroido para todo o mundo.
Para calquera dúbida poñen poñerse en contacto coa educadora familiar nos teléfonos: 982 – 501001 e 678 744 178.
Concurso Día do libro Infantil e Xuvenil 2016
/in Concello de Xermade | Cultura, Xermade /by Concello de XermadeConcurso Día do libro Infantil e Xuvenil 2016. Como tódolos anos queremos conmemorar o 2 de abril, nacemento de Hans Christian Andersen, e para iso sumámonos á iniciativa de GÁLIX e convocamos ós nosos lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria a participar neste concurso: “Adopta un animal de conto”.
QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016
/in Xermade /by Concello de XermadeQUERES DEIXAR DE FUMAR?
PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016
Esta actividade gratuíta desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño nunha sesión semanal dunha hora de duración durante 7 semanas consecutivas e 3 distanciadas. Para incentivar a asistencia a AECC esixirá un depósito económico que será devolto integramente ó finalizar o programa a aqueles participantes que asistiran a 7 das 10 sesións.
Inscríbirte antes do 23 de marzo nalgún dos concellos da agrupación ou enviando os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org.(prazas limitadas)
O lugar e horario do programa fixarase en función das preferencias das inscricións recibidas.
DESCARGA FORMULARIO INSCRICIÓN [+]
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
PREVENCIÓN DE MALOS HÁBITOS EN EMBARAZO E LACTANCIA
/in Xermade /by Concello de XermadeCONSTRUÍNDO VIDAS
PREVENCIÓN DE MALOS HÁBITOS EN EMBARAZO E LACTANCIA
Poñente. Benita Martínez García (Matrona do C.S. Vilalba)
Duración: 1 h. 30 mins.
Lugar:
Charla informativa sobre hábitos que poden supoñer riscos para embarazadas, lactantes e bebés, ofrecida pola profesional sanitaria Benita Martínez García, matrona de Vilalba (Guitiriz e Xermade).
Esta actividade está aberta a toda a poboación.
Necesaria inscrición no Servizo de Prevención concello de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade) ou remitindo os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org
DESCARGA FORMULARIO [+]
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
MULLER E SAÚDE
/in Xermade /by Concello de XermadeCharla- taller realizada a través da Escola Galega de Saúde
Lugar: Guitiriz, Casa Habanera
Día e hora: venres 11 de marzo de 17:00 a 19:00h.
Expedirase certificado de asistencia
Esta actividade, aberta a toda a cidadanía, centra a súa atención en mellorar a información e a comprensión dos cambios evolutivos da muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.
Imprescindible inscrición (prazas limitadas) a través do enlace http://escolasaude.sergas.es/Contidos/CURSOS-PRESENCIAS ou faciliando os datos persoais e de contacto no Servizo de Prevención do concello da agrupación de referencia (Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade).
Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:
CURSO: EDUCAR EN COOPERATIVISMO
/in Concello de Xermade | Cultura, Xermade /by Concello de XermadeDentro das actividades da Rede EUSUMO que organiza a UCETAG (Unión de Cooperativas de Ensino), vaise levar a cabo no concello de Xermade o Curso gratuito “Educar en cooperativismo” cunha duración de 20 horas, entre os días 14 e 17 de marzo de 2016.
O curso vai dirixido a profesionais da educación, do ensino, educación social, tempo libre e outros ámbitos.
Trátase dunha actividade financiada pola Xunta de Galicia con Fondos Europeos
Adxuntamos cartel informativo e enlace para inscricións.
Inscricións curso “Educar en cooperativismo”
Persoa de contacto no concello de Xermade: Manuela Vilaboy Romero (Educadora familiar). Tel. 982-501001 ou 678744178
ENTROIDO EN XERMADE
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeO Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido que se están a programar.
O 6 e 7 de febreiro haberá campamento infantil para nenas e nenos de 3 a 14 anos no pavillón polideportivo, de 4 a 7 da tarde, onde participarán en variedade de xogos, carreiras, búsquedas, xogos con wii…
Esta actividade é gratuita e conta cun número de prazas limitadas a 35. As persoas interesadas en inscribir ás nenas e nenos, poden facelo na 2ª planta do Concello de Xermade (educadora familiar).
Este campamento está pendente de solicitude de subvención á Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, pola convocatoria que se fai para concellos das actividades de igualdade, e que se cofinancian a través da Secretaría Xeral da Igualade, o Fondo Social Europeo e o Concello.
O Luns, día 8 de febreiro, terá lugar no pavillón polideportivo a tradicional Festa de de Entroido, onde se convida a participar a toda a veciñanza. A partir das 9:30 da noite actuará o Dúo D´Cine que amenizará a festa.
Adxúntanse as bases do concurso de disfraces que este ano inclúe como novidade a participación de nenas e nenos sempre que veñan acompañados dunha persoa adulta.
Haberá algunha que outra sorpresiña e tamén chocolate quente para todas as persoas que nos acompañen nesta noite de Festa.
Tanto para o Entroido infantil como para a Festa de Entroido do día 8, haberá un cañón de calor no pavillón.
Desexamos un bo Entroido para todo o mundo.
Para calquera dúbida poñen poñerse en contacto coa educadora familiar nos teléfonos: 982 – 501001 e 678 744 178.
Premiados no Certame de Poesía Infantil “Nadal 2015”
/in Concello de Xermade | Cultura /by Concello de XermadeContos para o Nadal
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSábado, 19 de decembro ás 12 na biblioteca
Festa de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeFesta de Fin de Ano Infantil na Biblioteca
Mércores, 30 de decembro ás 17:00 Horas.
Dirixido a nen@s de 2 a 14 anos
Nais e pais tamén poden participar.
É necesaria a inscrición previa.
XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015
/in Xermade /by Concello de XermadeO Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista.
Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde se gardará un minuto de silencio en memoria de todas as persoas asasinadas pola violencia machista (mulleres, nenas e nenos). A xente que o desexe pode colaborar asemade levando o lazo laranxa que poden recoller no concello. Este ano, Xermade súmase á Campaña UNETE da ONU na que insta ás organizacións a utilizar a cor laranxa nos actos que se fagan en torno a esta data. Por iso Xermade este ano é Laranxa.
O domingo 29, ás 4 da tarde, faremos unha andaina simbólica de 3 kilómetros que remataremos na Asociación de Mulleres Rurais “Amuraxe” de Xermade. Un novo día para a reflexión, a concienciación e a sensibilización. A saída da andaina é de diante do Concello.
Remataremos os actos deste ano o luns 30, ás 8 da tarde na biblioteca municipal, na que se levará a cabo unha mesa coloquio sobre “A violencia invisibilizada. Mitos e realidades”.
Como convidadas intervirán:
Dna. Rosa Arcos Caamaño. Presidenta de FADEMUR Galicia
Dna. María Loureiro García. Deputada de Ensino, Educación, Economía do Coñecemento, Igualdade e Mocidade, da Deputación de Lugo.
Dna. Tamara Paz Balsa . Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Xermade.