A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o pasado mércores 12 de maio. Entre os asuntos que se trataron, cabe destacar a licitación do proxecto “Mellora de camiños en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo”, financiado con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader, por importe de 69,515,71 euros (IVE incluido); e de dous investimentos financiados con cargo ao Plan Único 2021: “Reparación de estradas en Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, etc.”, por importe de 105.382,00 euros (a achega municipal ascende a 15.325, 20 euros); e “Reparación de estradas en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, etc.”, por importe de 80.965,64 euros.
Tamén se aprobaron as bases e a convocatoria das axudas a familias para nacementos, adopcións e acollementos, de 900 euros por familia, ata o crédito máximo de 7.200,00 euros.
Douse conta da concesión dunha axuda convocada por Resolución do 18 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se conceden axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e da comunicación a través de Aula Mentor, recibida o 30/04/2021 (rexistro nº 2021-E-RC-706), pola que Xermade resulta beneficiaria por importe de 4.000,00 euros.
Por último, úxose en coñecemento da Xunta de Goberno Local a inadmisión por parte da Consellería de Medio Ambiente da solicitude de axuda para ampliación de beirarrúas en Roupar, ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2021 (publicada no DOG o 8 de marzo), por esgotamento do crédito. Segundo publicou a Consellería no DOG o 28 de abril, a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito entrou ás 00.09.43 horas do 9 de marzo.
XIV Campamento de verán “XERMADE CONCILIA 2021”
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarCompleto: 8.00 a 14:00 (só no caso dun mínimo de 5 solicitudes)
Reducido: 10.30 a 14:00
*Bases: Bases Campamento verán 2021, Anexo I , Anexo II
Camiños de mar, terra e vento do programa ler conta moito
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeSesión de narración oral a cargo da actriz, escritora e narradora Paula Carballeira e que leva por título: “Camiños de mar, terra e vento“, dirixido a nenas e nenos maiores de 4 anos e precisamos inscrición previa, xa que o aforo é limitado.
É a primeira das actividades do Programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imos ter de xeito presencial na Biblioteca de Xermade.
Sesión ordinaria do Pleno celebrada o 10 de xuño de 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeO Pleno da Corporación reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 10 de xuño. Na parte resolutiva, aprobouse a adhesión ao convenio entre a FEMP e a AEAT para a subministración de información tributaria ás entidades locais, que substitúe ao convenio asinado no 2003.
Por outra banda, aprobouse inicialmente unha modificación de crédito para a adquisición das reitorais de Xermade e Roupar, por importe de 110.000 euros, tras chegar a un acordo o Concello e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol. A reitoral de Xermade – actualmente en réxime de cesión de uso- foi rehabilitada parcialmente polo Concello, mentras que a reitoral de Roupar precisa tamén de obras de acondicionamento, unha vez que se determine o uso que se lle vai dar ao inmoble.
Na parte de fiscalización e control, entre outros asuntos, informouse da remisión á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais da execución trimestral do 1º trimestre, e do Período Medio de Pago (12,39 días).
Licitacións de obras e axudas aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado 12 de maio de 2021
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o pasado mércores 12 de maio. Entre os asuntos que se trataron, cabe destacar a licitación do proxecto “Mellora de camiños en Sanche, Piñeiro e O Tarrelo”, financiado con cargo ao Plan de Mellora de Camiños 2021-2022 de Agader, por importe de 69,515,71 euros (IVE incluido); e de dous investimentos financiados con cargo ao Plan Único 2021: “Reparación de estradas en Picoucelo, Vilacide, O Rego, Nova, Gandia, A Pinguela, etc.”, por importe de 105.382,00 euros (a achega municipal ascende a 15.325, 20 euros); e “Reparación de estradas en Momán, Bidueiro, Pena de Arca, etc.”, por importe de 80.965,64 euros.
Tamén se aprobaron as bases e a convocatoria das axudas a familias para nacementos, adopcións e acollementos, de 900 euros por familia, ata o crédito máximo de 7.200,00 euros.
Douse conta da concesión dunha axuda convocada por Resolución do 18 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se conceden axudas a entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para a creación de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e da comunicación a través de Aula Mentor, recibida o 30/04/2021 (rexistro nº 2021-E-RC-706), pola que Xermade resulta beneficiaria por importe de 4.000,00 euros.
Por último, úxose en coñecemento da Xunta de Goberno Local a inadmisión por parte da Consellería de Medio Ambiente da solicitude de axuda para ampliación de beirarrúas en Roupar, ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2021 (publicada no DOG o 8 de marzo), por esgotamento do crédito. Segundo publicou a Consellería no DOG o 28 de abril, a última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito entrou ás 00.09.43 horas do 9 de marzo.
Fallo do certame Letras Galegas 2021 da Biblioteca municipal de Xermade
/in Xermade /by Concello de XermadeO resultado do fallo local do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2021”. Presentáronse 23 traballos sobre o tema proposto “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural“. Os premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.
Letras Galegas 2021
/in Uncategorized @gl /by Educadora Familiar#LetrasGalegas2021 #XelaArias #17demaio #XermadeLetrasGalegas21
Adxudicada a subvención destinada á prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2021
/in Uncategorized @gl /by Educadora FamiliarA Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, publicou no DOG do 26 de abril de 2021 a concesión dunha axuda máxima de 34.236,61 euros para a implementación de novas unidades destinadas a servizos de atención temperá nos concellos de Xermade, Guitiriz e Vilalba.
A posta en marcha das unidades levarase a cabo por un equipo interdisciplinar, formado por profesionais de distintas disciplinas (fisioterapia, terapia ocupacional e logopeda) que elaborará un plan personalizado de intervención no que delimitarán os obxectivos e expectativas da intervención (atención, recursos e medios necesarios que se dirixen ao menor, á súa familia e ao seu contorno, ámbito de realización, liñas de actuación que se van desenvolver por cada profesional, coordinacións previstas con outras persoas e/ou profesionais que poidan intervir no plan) para dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten os nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como o facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Adxudicadas as obras do Plan Único 2020
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local adxudicou a obra “Mellora de firme en Buscalte, Roupar, Bidueiral, Souto, Aguillón, Pena, Cerveira, Sanche, Leboré, Folgueiras e Seixido na sesión ordinaria celebrada o pasado 28 de abril de 2021. A empresa adxudicataria é Cholo SL, que realizou unha oferta económica de 72.519,05 euros e unha ampliación do prazo de garantía de 2 anos.
A baixa obtida nesta licitación ascende a 18.791,77 euros e será destinada á mellora dun camiño en Miraz.
O resto dos investimentos foron adxudicados pola Alcaldía, ao tratarse de contratos menores:
Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2021”
/in Uncategorized @gl /by Concello de XermadeCertame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2021”, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.
Este ano o certame leva por tema o seguinte: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural“; e vai dirixido a nenas e nenos de 0 a 16 anos establecéndose 3 categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; e C, de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 7 de maio debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Licitación de mellora de camiños e adquisición dun camión contraincendios
/in Uncategorized @gl /by Secretaria XermadeA Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade aprobou o pasado 10 de marzo de 2021 o expediente de contratación da obra “Mellora de firme en Buscalte, Roupar, Bidueiral, Souto, Aguillón, Pena, Cerveira, Sanche, Leboré, Folgueiras e Seixo”, cun orzamento de 91.310,81 euros (IVE incluido) financiados con cargo ao Plan Único 2020. O prazo de presentación de ofertas remata o 1 de abril ás 23.59 horas, e a apertura terá lugar o luns 5 de abril ás 10.00 horas.
Por outra banda, na sesión ordinaria celebrada o 24 de marzo de 2021, a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para a subministración dun vehículo tipo autobomba rural pesada (BRP) destinado a actuar en situacións de emerxencia (incendios, seca, etc.), por importe de 72.600 euros (IVE incluido), dos cales a Deputación de Lugo achega 60.000 euros a través dun convenio asinado o 30 de decembro de 2020, e os 12.600 euros restantes son achegados polo Concello de Xermade. O prazo de presentación de ofertas remata o 19 de abril, e a apertura terá lugar o día 20 de abril ás 10.00 horas.