Premios Certame “Letras Galegas 2022”

Na Biblioteca Pública Municipal de Xermade celebrouse o fallo do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2022”, o día 11 de maio ás 16:00 h.

Presentáronse 20 traballos sobre o tema proposto: “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”. Na categoría A, ata 8 anos, presentáronse 11 debuxos e 2 narracións; na categoría B, de 9 a 11 anos: 2 debuxos e 0 narracións; e na categoría C, de 12 a 16 anos: 2 debuxos e 3 narracións.
Conformou o xurado:

Roberto García Pernas, Alcalde do Concello de Xermade.
Rosa María Seijo Pita , Conserxe do CEIP. Plurilingüe de Xermade.
Nélida Coira Pena, Concelleira de Benestar social e Igualdade.
Lucía Guizán Trastoy, educadora familiar do Concello de Xermade, responsable temporal da Biblioteca Pública Municipal de Xermade.
A deliberación do xurado rematou ás 16.40 horas, e despois de ler as narracións e valorar os debuxos tendo en conta a orixinalidade, o desenvolvemento, a imaxe plástica do conxunto, a corrección do texto e a súa relación co tema do certame; propuxéronse por cada modalidade e categoría as obras e autores premiados que a continuación se relacionan:

DEBUXO
Categoría A, ata 8 anos:
Gael Otero Gómez
Xela Prieto Lomba
Mara Piñeiro Campo

Categoría B, de 9 a 11 anos:
Adrián Canto Folgueira
Alba Monteiro López

Categoría C, de 12 a 16 anos:
Vania Michelle Pinto Portal
Isabel Freire Monteiro

NARRACIÓN
Categoría A, ata 8 anos:
Martina Fernández Salgado
Lois Martínez Bermúdez

Categoría B, de 9 a 11 anos:
DESERTO

Categoría C, de 12 a 16 anos:
Jenifer Pinto Portal
Aroa Blanco Prieto
Sarai Paz Prieto

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Horario temporal de apertura da biblioteca de Xermade

A biblioteca municipal de Xermade terá un novo horario de apertura dende o luns 9 de maio ata novo aviso, por cuestións organizativas de persoal, que será de 15.00 a 18.30 horas de luns a venres.

No caso de que algunha persoa usuaria queira facer uso do préstamo e devolución de libros fóra dese horario, poden contactar coa educadora familiar (Lucía Guizán) no teléfono 678 74 41 78.

O Concello está tramitando a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura da vacante de auxiliar de biblioteca como persoal funcionario interino. O anuncio foi publicado no BOP nº 102 o xoves 5 de maio de 2022, e as bases íntegras poden consultarse na sede electrónica municipal. O prazo de presentación de instancias finaliza o luns 16 de maio (ao ser o domingo día inhábil).

Bases bolsa de emprego auxiliar biblioteca: Bases auxiliar biblioteca

O Pleno acorda investir o remanente na reparación de vías municipais e adquisición da reitoral de Roupar

O Pleno xermadino reuniuse en sesión ordinaria o pasado xoves 7 de abril, con varios asuntos na orde do día. Entre eles, dúas modificacións de crédito financiadas con remanente líquido de tesourería procedente da liquidación do exercicio 2021. En total, investirase 455.251,53 euros en 4 proxectos de reparación de vías municipais:

  • Reparación de estradas en A Ermida, O Chao, Lousada, Badoi e A Silva (167.668,19 euros, IVE incluido)
  • Reparación de estradas en A Criba, Cabreiros, Candamil e O Aruxo (182.991,64 euros, IVE incluido)
  • Reparación de pistas forestais zona norte (41.713,07 euros, IVE incluido)
  • Reparación de pistas forestais zona sur (44.490,13 euros, IVE incluido)

O custe das obras ascende a 441.263,29 euros, e os 13.998,24 euros restantes van destinados aos honorarios de redacción dos proxectos e dirección das obras.

Por outra banda, adícanse 50.000 euros á adquisición da reitoral de Roupar, compravenda que non puido formalizarse no ano 2021 por requirir unha segregación previa que se atopa pendente das autorizacións sectoriais de Patrimonio e o Servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo.

Tamén se adican 15.000 euros a financiar un convenio coa Universidade da Coruña para a redacción do proxecto básico e de execución da Casa da Veciñanza de Roupar e a documentación esixida polo Instituto de Transición Xusta para solicitar as axudas que se van convocar a finais de maio; así como para a rehabilitación de reitoral de Xermade, adquiririda en novembro de 2021.

Por último, prevese unha partida de 3.000 euros para adquirir a parcela na que se ubicará a depuradora do Campo da Feira, en Momán, que se executará neste 2022 con cargo a un convenio asinado coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Nesta sesión ordinaria tamén se aprobou unha declaración institucional de integridade e compromiso ético, de cara á xestión de fondos europeos en execución das medidas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que esixe dispoñer dun Plan de medidas antifraude.

Douse conta tamén ao Pleno da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2021, que se saldou cun resultado orzamentario axustado de 235.217,53 euros e un remanente líquido de tesouraría para gastos xerais de 961.005,07 euros.

Por último, a Alcaldía informou ao Pleno respecto das solicitudes de axudas presentadas dende a sesión ordinaria do mes de abril. Pode consultar o contido do informe:20220404_Informe_Informe_INFORME DA ALCALDÍA

 

Día do Libro 2022 en Xermade

Ruta Xacobea 2022 desde Xermade

O Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, promove e organiza a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela:

Etapa Data
1º Xermade-Guitiriz 9/04/2022
2º Guitiriz-Sobrado 23/04/2022
3º Sobrado-Arzúa 7/05/2022
4º Arzúa-O Pino 21/05/2022
5º O Pino-Santiago 04/06/2022

Saída: Todos os sábados ás 8.00 diante do Concello.
Autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ó remate de cada xornada.

Inscricións: no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo de cada etapa). Aforo limitado.

Máis información: 678 744 178 (Lucía)

Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Mentres camiñamos contaremos con: transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.

*Prioridade para persoas empadroadas.O concello reserva o dereito de cancelar a actividade ou etapas se non se dá un mínimo de inscricións

O Concello de Xermade solicita as axudas da reserva de biosfera para tres proxectos de posta en valor do medio ambiente e recursos turísticos

No DOGA do 11.02.2022 publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

Destas axudas poderán ser beneficiarios os concellos incluidos no ámbito territorial de calquera das 7 Reservas da Biosfera de Galicia. O Concello de Xermade pertence á Reserva de Biosfera Terras de Miño, á que pertencen outros 25 concellos da provincia de Lugo.

O proxecto de posta en valor e promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño no Concello de Xermade obtivo o aval do órgano xestor da reserva e contempla as seguintes actuacións:

Actuación 1: desbroce para a conservación de ecosistemas forestais e prevención de incendios forestais e eliminación de acacias, nun espazo de 9 hectáreas propiedade da Comunidade de Montes de Lousada, cun orzamento de 15.300,00 euros.

Actuación 2: creación dun aparcadoiro de autocaravanas para fomentar o turismo sostible na área recreativa de Cabreiros, nun espazo de titularidade autonómica (está tramitándose a cesión), cun orzamento de 18.946,00 euros.

Actuación 3: embelecemento da zona de baño na área recreativa de Cabreiros, cun orzamento de 44.700,00 euros. Restauraránse as comportas de enchido e baleirado da zona de baño e instalarase unha pasarela de 17 metros de lonxitude por 2 metros de ancho para conectar a illa coa propia área recreativa.

En total, o orzamento sen IVE ascende a 78.946,00 euros, dos cales se solicita o 100%. O IVE será achegado polo Concello de Xermade.

💜 Cultivando o xerme da igualdade 🌱

O Alcalde Roberto García Pernas, a Concelleira de Educación, Cultura, Deportes, Xuventude e Relacións coas Asociacións Veciñais Verónica Amarelo Morado e a Concelleira Benestar social e Igualdade Nélida Coira Pena, fixeron entrega este 8 de marzo de 2022 no CEIP Plurilingüe de Xermade do libro “En Xermade somos iguais”, no que Os Bolechas son os protagonistas, divulgando mensaxes en favor da igualdade para romper coa brecha de xénero desde @s máis pequen@s.

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)

O Pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 17 de febreiro

A sesión plenaria de carácter ordinario correspondente ao mes de febreiro tivo lugar o pasado xoves 17, ás 20.00 horas.

O alcalde, Roberto García Pernas, abreu a sesión mostrando o seu apoio á familia da nena Desireé Leal, tras celebrarse o xuízo pola súa morte na Audiencia Provincial de Lugo recentemente e resultar condenada a súa nai, Ana Sandamil. Tamén se referiu a un roubo con agresión que tivo lugar en Candamil o pasado 5 de febreiro, que está investigando a Garda Civil, mentras a veciña afectada evoluciona favorablemente na UCI do HULA.

Na parte resolutiva da sesión acordouse a solicitude de festa de interese turístico de Galicia do Encontro Internacional de Torneiros, que este ano 2022 celebra a súa XXII edición. Ao tratarse dun evento único en Galicia, no que se xuntan torneiros de relevancia internacional, dende o concello agardan que se acade este distintivo.

Tamén se aprobou o cambio de uso dunha parte da parcela na que se ubica a reitoral de San Pedro Fiz de Roupar, para executar un parque infantil. Esta parcela vai ser adquirida polo concello, froito dun acordo co Bispado de Mondoñedo-Ferrol no que se inclúe a Reitoral de Xermade, pero con carácter previo debe segregarse a porción na que se ubica a reitoral. O parque infantil será executado con fondos do Plan Único 2022 da Deputación de Lugo.

Na parte de fiscalización e control, douse conta das subvencións solicitadas neste 2022 (entre elas o Plan Único 2022 da Deputación), así como dos envíos realizados á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais do Ministerio de Facenda, entre eles o Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2021, que é de 16,93 días.

Xermade solicita o Plan Único 2022 da Deputación de Lugo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria o pasado mércores 9 de febreiro de 2022. Entre os asuntos que se trataron está a participación do Plan de cooperación dos concellos da Deputación de Lugo, que asigna ao municipio un total de 308.297,41 euros, dos cales se adica a investimentos o 66,89% (206.215,69 euros):

Táboa resumo da solicitude:

    1. PROGRAMA INVESTIMENTOS

INVESTIMENTO

CUSTO OBRA

ACHEGA DEPUTACIÓN

ACHEGA CONCELLO

PROGRAMA DE GASTO (4 DÍXITOS)

Reparación de estradas en Xemaré, Portovelo, Cerracín-Pigaroa, Pigaroa, O Barreiro, Golpilleira, etc.

67.464,74€

64.464,74€

0,00€

4530

Reparación de estradas en A Pena, Roupar, Azoreira, O Empalme, Casanova, Leboré, Reguengo, Castiñeiras e A Touza

74.056,48€

58.731,28€

15.325,20€

4530

Área de xogos infantís en Roupar

58.671,30€

58.671,30€

0,00€

1710

Depósito de reserva antiincendios en Xermade

21.348,37€

21.348,37€

0,00€

1360

TOTAL INVESTIMENTOS

221.540,89€

206.215,69€

15.325,20€

    1. PROGRAMA SAF

PROGRAMA SAF

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL SAF

Servizo de Axuda no Fogar

23.403,58 €

0,00 €

23.403,58€

    1. PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO (VOLUNTARIA)

TOTAL FOMENTO EMPREGO

Depuemprego (obras e servizos de rehabilitación e contratación de persoal)

59.578,14 €

0,00 €

59.578,14 €

d. PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS

PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

VIII Premio Xermade na Historia e Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros

6.000,00€

0,00€

TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES CULTURAIS

6.000,00€

e. PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS

PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

Copa Concello de fútbol e Carreira Popular

3.100,00€

0,00€

TOTAL DESTINADO A ACTIVIDADES DEPORTIVAS

3.100,00€

g. PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL

PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL (especificar as actividades a realizar e achegar memoria así como certificado de dispor de agrupación de protección civil, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DEPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

Equipamento AVPC (seguros, vestimenta e combustible )

4.000,00€

0,00 €

TOTAL DESTINADO PROTECCIÓN CIVIL

4.000,00 €

e. PROGRAMA DE FEIRAS, MERCADOS E OUTROS

PROGRAMA EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS (especificar as actividades a realizar e achegar memoria, con indicación do orzamento de gastos, distribuído por conceptos)

APORTACIÓN DIPUTACIÓN

APORTACIÓN CONCELLO

XXII Encontro de torneiros da madeira en Galicia

6.000,00 €

0,00 €

TOTAL DESTINADO EVENTOS FEIRAS, MERCADOS E OUTROS

6.000,00 €

IMPORTE PLAN : 323.622,61€

ACHEGA DEPUTACIÓN : 308.297,41€