Entries by Concello de Xermade Servizos Sociais

Listado admisión no Campamento de Verán 2017

Adxuntamos persoas admitidas no campamento de verán infantil 2017. Actividade subvencionada polo Fondo Social Europeo, pola Xunta de Galicia. Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade e o concello de Xermade. O programa de Conciliación “Xermade concilia” solicítase á Secretaría Xeral da Igualdade a través da Resolución do 16 […]

X CAMPAMENTO INFANTIL DE VERÁN 2017

Un ano máis o concello de Xermade pon en marcha o campamento infantil de verán, cofinanciado pola Unión Europea e a Xunta de Galicia. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza. Secretaría Xeral da Igualdade. Esta actividade xunto co campamento de entroido forman parte das actividades do programa “Xermade concilia”. O campamento celebrarase desde […]

CURSO PRIVACIDADE E SEGURIDADE EN INTERNET

Curso impartido por María Anidos da empresa de abogadas ABNUTE  ABOGADAS, experta en novas tecnoloxías. Esta actividade está dirixida a todas aquelas persoas que desexen formarse e informarse de como protexer datos de carácter persoal nos distintos dispositivos que utilizamos hoxe en día, coma móbiles, tablets, ordeadores, pulseras e reloxos que miden actividade física, etc. […]

XIII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. Aprendendo cos nosos maiores

O sábado, 27 de maio, comezamos na Casa-Escola de Cabreiros as XIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores. Esta actividade está organizada polo Concello de Xermade, Asociación veciñal de Cabreiros e Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Entre outras entidades colaboran con este proxecto o Colexio de Educadoras e […]

IX CAMPAMENTO DE VERÁN DE XERMADE

O concello de Xermade organiza un ano máis o Campamento de verán para que nenas e nenos disfruten dun tempo de ocio e tempo libre cheo de actividades e divertimento, igualmente para que as familias poidan conciliar os seus tempos de traballo, tempo libre… Este campamento igual que o de Entroido está cofinanciado polo Concello […]

XII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS. APRENDENDO COS NOSOS MAIORES. Cabreiros, 28 de maio, 4 e 11 de xuño

A Asociación de veciñas/os de Cabreiros, a Facultade de CC. Da Educación da Universidade de Santiago e o Concello de Xermade, poñemos en marcha as “XII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores”, que se celebrarán os días 28 de maio, 4 e 11 de xuño. Desde a organización gustaríanos facer un convite extensivo a […]

ENTROIDO EN XERMADE

O Concello de Xermade convida a toda a veciñanza a participar nas actividades de Entroido que se están a programar. O 6 e 7 de febreiro haberá campamento infantil para nenas e nenos de 3 a 14 anos no pavillón polideportivo, de 4 a 7 da tarde, onde participarán en variedade de xogos, carreiras, búsquedas, […]

XERMADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2015

O Concello de Xermade conmemora o 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero con diferentes actos nos que convida a participar a toda a veciñanza. Coas actividades programadas preténdese continuar coa sensibilización da poboación sobre a violencia machista. Comezamos os actos o día 25 de novembro, cunha concentración diante do concello onde […]