Entradas por Secretaria Xermade

O Pleno reuniuse en sesión ordinaria o xoves 9 de febreiro

O Pleno da Corporación xermadina celebrou sesión ordinaria o xoves 9 de febreiro de 2023, ás 20.00 horas. Na parte resolutiva aprobouse inicialmente o Regulamento de títulos, honras e distincións, como paso previo á concesión do título de fillo predilecto a José Mouriño Cuba, nado na parroquia de Lousada, unha petición realizada polo Partido Popular […]

Pleno ordinario celebrado o 15 de decembro de 2022

O Pleno corporativo reuniuse en sesión ordinaria o xoves 15 de decembro de 2022, ás 20.00 horas. Aprobouse unha bonificación do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras do 95% a solicitude dunha empresa que ampliou a súa actividade coa construción dunha nave industrial para almacenamento de estruturas de madeira no polígono de Xermade, elixiuse xuíza […]

Licitación do Servizo de Atención Temperá

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o pasado mércores 30 de novembro de 2022, aprobou por segunda vez a licitación do Servizo de Atención Temperá, compartido cos concellos de Guitiriz e Vilalba. A anterior licitación declarouse deserta ao non dispoñer ningún licitador dos medios persoais mínimos requiridos para a execución do contrato. […]

Sesión extraordinaria do Pleno xermadino

O pasado xoves 10 de novembro reuniuse a Corporación xermadina en sesión extraordinaria, co gallo de aprobar a modificación número 1 da Relación de Postos de Traballo e o orzamento do exercicio 2023. A modificación da Relación de Postos de Traball foi un compromiso adquirido co persoal durante a negociación da RPT en vigor, a […]

Reparación de camiños no municipio

O Concello de Xermade vén de formalizar dous contratos de obras para a reparación de vías municipais: un deles para a reparación de camiños en A Criba, Cabreiros, Candamil e O Aruxo, adxudicado á empresa Francisco Gómez por importe de 128.292,56 euros máis 26.941,44 euros de IVE, financiado con cargo ao remanente líquido de tesouraría; […]