Entradas por Secretaria Xermade

Modernización e mellora da rede de abastecemento de auga en varias parroquias

A empresa APEX SISTEMAS SL está executando o contrato de subministración de contadores de telelectura no municipio de Xermade, segundo o prego de prescricións técnicas redactado pola técnica municipal. A modernización e mellora da rede municipal de abastecemento de auga pasa pola colocación 3 contadores na rede en alta á saída dos depósitos de Candamil, […]

Reunión de traballo coa arquitecta Luz Paz Agras

O goberno municipal mantivo hoxe unha reunión coa arquitecta xermadesa Luz Paz Agras, da Universidade da Coruña, que fai parte do equipo redactor do proxecto de rehabilitación da Reitoral de Xermade, a fin de coñecer o estado de elaboración do proxecto de execución desta obra, que resultou beneficiaria dunha axuda por importe de 403.000,00 euros […]

Licitacións de subministracións e obras en curso no Concello de Xermade

A mesa de contratación permanente nomeada pola Alcaldía para as licitacións da súa competencia reuniuse o 9 de agosto para a apertura das ofertas presentadas ás licitacións para a adquisición dunha miniexcavadora (financiada co Fondo de Compensación Ambiental 2023, liña de concorrencia non competitiva) e subministración de contadores de telelectura (financiada con cargo ao fondo […]

Alegacións ao parque eólico Santuario

O xoves 22 de xuño publicouse no BOP de Lugo o anuncio do Proxecto Modificado Abril 2023 da instalación do “Parque Eólico Santuario”, parte do cal se ubica no termo municipal do Concello de Xermade. O trámite de exposición pública rematou o venres 4 de agosto de 2023. A oficina técnica estivo a disposición da […]