Entries by Secretaria Xermade

Convocatoria de subvencións para fomentar unha actividade de interese municipal

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse o pasado mércores 3 de xaneiro de 2024 en sesión ordinaria. Entre outros asuntos, aprobouse a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades públicas ou privadas para o fomento de actividades de interese municipal nos anos 2023-2024. Esta convocatoria contempla tres novidades respecto das convocatorias […]

Programa de compostaxe doméstica

O programa de compostaxe doméstica do Concello de Xermade conseguiu a axuda solicitada á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a adquisición de 103 composteiros, que serán entregados a todas aquelas persoas con vivenda en Xermade que o soliciten. O proxecto ten un orzamento total de 8.665,00€ e a axuda concedida ascende […]

Xornada informativa sobre o parque eólico Santuario

O Concello de Xermade organiza unha xornada informativa para a veciñanza afectada pola instalación do “Parque Eólico Santuario”. Participará D. Xavier Simón Fernández, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, e Dª. María Montero Muñoz, profesora titular do departamento de Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas da Universidade de Vigo. Ambos […]

Nova área de xogos infantís en Roupar

O Concello de Xermade recibiu a primeiros deste mes de novembro a obra denominada “Área de xogos infantís en Roupar”, adxudicada a Jardinería Arce SL en 63.987,38 euros, dos cales 58.671,30 euros foron achegados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de cooperación cos concellos do ano 2022. O parque executouse na parcela […]

Rehabilitación da antiga escola de Ladrela

O Concello de Xermade vén de solicitar o acceso ao ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG n.º 182 do 23/09/2016) para o financiamento da rehabilitación da escola de Ladrela, segundo a memoria descritiva asinada pola […]

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación

A Corporación xermadesa reuniuse o pasado xoves 9 de novembro en sesión ordinaria para tratar asuntos de grande relevancia para a xestión municipal: 1º. Aprobación do Plan de ordenación de recursos humanos para a redución da temporalidade no Concello de Xermade no período 2023-2026: co que se prevé aprobar unha Oferta de Emprego Público extraordinaria […]

Programa de compostaxe doméstica

O Concello de Xermade continúa coas medidas de implantación do programa de compostaxe doméstica iniciado no 2019 coa solicitude de 25 composteiros a SOGAMA para iniciar a compostaxe in situ. No 2020 solicitouse unha subvención conxuntamente co Guitiriz para compostaxe doméstica e para o CEIP Xermade. Ao abeiro da Orde do 1 de xuño de […]

Recepción dunha miniexcavadora para o Concello de Xermade

O pasado martes 31 de outubro o alcalde, Roberto García Pernas, e o primeiro tenente de alcalde, José Prieto Barro, recibiron o vehículo destinado ao servizo de medio ambiente e obras do Concello de Xermade, unha retroexcavadora modelo SUWARD SWE35UF servida pola empresa asturiana Transfaya SL. O custe do vehículo ascende a 58.685,00 euros. O […]