Onte día 15 de maio tivo lugar a reunión do xurado do IX Premio de investigación “Xermade na Historia” na Alcaldía do Concello de Xermade, composto por:
-Presidente: Don Roberto García Pernas, alcalde do Concello de Xermade, con dereito a voz e voto.
O 1º vogal: Don José Manuel Felpeto Carballeira, Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros.
O 2º vogal: Dona María Luisa Barreiro Mejuto, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos
O 3º vogal: Dona María López Sández, profesora da área de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela.
O 4º vogal: Dona Josefa Rey Castiñeira, profesora da área de Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Rematadas as valoracións, o xurado manifesta a súa decisión de conceder o primeiro premio ao traballo:
– “REALIDADE DEMOGRÁFICA E SOCIOECONÓMICA DE XERMADE NO SÉCULO XVIII: O PAPEL DA MULLER”. Autora: Dona Alberta Lorenzo Aspres, Doutora en Arquitectura pola Universidade de A Coruña.
Así mesmo, consideran declarar deserto o segundo premio.
De conformidade coas bases de execución do presuposto do concello de Xermade do ano 2023, o premio a conceder é de dous mil euros (2.000 €) para o Primeiro premio.
Parabéns!